Agradecementos

 

TORNEO DE FÚTBOL 8  SOLIDARIO EN ARBO.

O Sábado  18 de xuño o Concello de Arbo, organizou  no  Campo Municipal de Fútbol de Arbo o I Torneo de Fútbol – 8 Solidario. O torneo que comezou ás nove da maña, asistiron 12 equipos masculinos, 4 femininos,  e as categorías minis, prebenxamins, benxamins e alevins e infantis dos Clubes de Arbo, As Neves e do Cultural Areas.

O acto que durou durante todo o día contou con moita afluencia de participantes, que o longo de toda a xornada desfilaron polo campo para ver os distintos partidos.

Como invitado especial, o ex – Porteiro do Celta e do Valencia F.C, visitou pola tarde as instalacións deportivas , firmou autrografos, fotografiouse con todolos aficionados o futbol e entregou xunto co alcalde Horacio Gil e o Concelleiro de Cultura Raul Rodriguez, os trofeos e premios os gañadores. 

O Concello quere agradecer a tódolos equipos participantes, os colaboradores e organizadores do Concello de Arbo,  e a toda a xente que fixo posible que esta actividade se realizase e fose todo un éxito. 

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011