Actuacion Ardentia

“XX Festa da Lamprea Seca – Actuación do grupo folk “ARDENTIA”

 

O vindeiro domingo 9 de agosto,  dentro das actividades comprendidas  no “Verán Cultural 2015 de Arbo”  e co gallo da XX Festa da Lamprea Seca a partires das 19:00 horas na Carballeira de Turbela, terá lugar a actuación do grupos folk “ARDENTIA”

ARDENTIA e un Grupo de Música Folk-Tradicional,  fundouse no ano 1989 coa intención de profundizar e divulgar a musica galega dun xeito ameno e participativo.

 Ardentia ten cinco discos no mercado, asi como diversos premios (Premio o mellor grupo revelación TVG).

Ardentia ten tocado en multitude de festivais entre os que podemos destacar "Cantigas de Maio" -Seixal, "Festival folk de Couso", "Festival Folk de Bandeira", "FolkMatamá", "Festival Folk de Callobre", "Festival do Mar de Paimpol" (Francia), "Festival do Mar de Brest" (Francia), "Tradicionarius" de Barcelona, Espectáculo Musicas da Liberdade Galiza 2007, Festival Interceltico de Porto, Festas da Reconquista de Vigo, etc. Asimesmo ademais da sua faceta artistica Ardentia ten realizado ou colaborado en diferentes proxectos de divulgación e estudio dos instrumentos populares nas escolas e facultades de Galicia asi como de xogos e cancións para nenos. Instrumentación: Gaita, Saxofon, Acordeon, Zanfona, Bouzouki, Guitarra Acustica, Contrabaixo, Frauta, Percusións e voces.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011