Marcha BTT da Lamprea

 

O Vindeiro día 22 de abril de 2018, unha semana antes da Festa da Lamprea que ten lugar o 27, 28 e 29 de abril, o Concello de Arbo, organiza a IV Marcha BTT da Lamprea, esta Actividade que pretende promocionar os produtos típicos de Arbo, como son a Lamprea e o viño, así como as paisaxes do noso Concello.

A IV MARCHA DA LAMPREA é unha ruta BTT e defínese dentro dunha especialidade ciclista que concibe este deporte como un exercicio físico con fins de ocio e turístico ou culturais, excluíndo a competición.

É unha ruta de dificultade física e técnica media – alta e cun percorrido de 35 km aproximadamente.

A recollida de dorsais será as 8:15 horas no Pavillón de Deportes do Concello de Arbo . Avituallamento sólido e liquido na metade do recorrido, duchas e lavado de bicis, o remate da proba un agasallo para tódolos participantes e a degustación de balde dos produtos típicos da nosa Vila.

O Prezo por participar e de 10 euros, que inclúe seguro a  INGRESAR NO Nº DE CONTA ES12 2080.5011.82.3040006781

 A saída darase o domingo 22 de abril de 2018 ás 9:30 horas dende a praza do  Concello

Calquera dubida poderá resolverse por estes medios ou no telefono 986.665000 de luns a venres en  horario de 8:00 a 15:00 horas ou na paxina web do concello de Arbo.

O Prazo Limite para presentar solicitide é o 18 de abril. Ë obrigatorio presentar a solicitude e o xustificante de pago donde figure o nome do participante.

O importe da inscrición dá dereito ao seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil, servizo de ambulancia, lavado de bicicleta, avituallamentos, duchas e comida .

O remate da actividade todolos participantes poderán degustar o noso prato estrela a “Lamprea” en distintos estilos e recibiran un agasallo de recordo


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011