Semana Gastronomica da LX Festa da Lamprea

ARBO CELEBRA A SEMANA GASTRONOMICA E A GALA DA LAMPREA COMO ACTOS CENTRAIS DA LX FESTA DA LAMPREA E A XXV FESTA DA LAMPREA SECA

 

  • A Semana Gastronomica, é a alternativa para o ano 2020 de celebración da Festa da Lamprea e a Festa da Lamprea Seca
  • Dende o día 1 ao día 9 os peregrinos da Lamprea poderán degustar este manxar no Restaurante os Pirus
  • Serviranse dous menus degustación de 4 e 5 pratos, con previa reserva, a base de lamprea

 

O 14 de marzo de 2020 entrou en vigor o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no cal se estableceron medidas dirixidas a limitar a mobilidade da cidadanía que derivou nunha situación excepcional, o que supuxo para o Concello de Arbo, suspender todos os actos que tradicionalmente xiran en torno a LX Festa da Lamprea que este ano cumpria a súa sesenta edición.

 

A festa da lamprea no mes de Abril que este ano cumpria o seu sesenta aniversario, pretende poñer en valor o traballo feito en cada etapa polas diferentes corporacións municipais; polos Comités de Honra, polas comisións de festas; polas cociñeiras e cociñeiros, polos agricultores que colleitan o viño, polos pescadores que traen o peixe; polos hostaleiros, polas asociacións veciñais, culturais e deportivas; e por todos os demais implicados, con especial mención aos pioneiros, pensadores da idea e creadores do “Día da Lamprea”, que desde a edición inicial albiscaron na gastronomía un feito de relevancia socioeconómica e cultural, non podía quedar este ano no olvido e sen celebración  .

 

A primeira Festa da Lamprea Seca tivo lugar no ano 1996, sendo concelleiro de cultura o actual alcalde, Horacio Gil, co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica, poñendo en valor estoutras formas de preparar a  lamprea fóra de tempada, que permiten, desta maneira, degustala durante todo o ano, é como non podía ser de outra maneira a XXV Festa da Lamprea, cumprira o seu 25 aniversario  dacordo a situación de crise sanitaria actual

 

O Sector turístico, clave na economía local, foi  un dos máis prexudicados pola crise, con todos os seus establecementos pechados. Co agravante de que a pandemia chegou cando arrancaba a tempada da Lamprea, un período fundamental para a rendibilidade cafeterias, bares, restaurantes, casas de turismo rural.... Ademais, afectou de cheo  o mes de abril, donde ademais de conincidir a semana santa, se celebra tamén a festa da Lamprea.

 

Dende o Concello de Arbo e dentro do plan de reactivación redactado e presentado aos todos os sectores esta a celebración da LX Festa da Lamprea e a XXV Festa da Lamprea adaptada as circunstancias do COVID-19, atopase contemplada a celebración de actos evitando aglomeracións pero que permite aos visitantes e peregrinos disfrutar de este manxar delicioso como é a Lamprea, que ademais e o sinal de identidade da Vila de Arbo.

 

O primeiro menú que servirán Restaurante os Pirus estes nove días custa 25 euros e inclúe catro pratos: empanada de  lamprea,  lamprea rechea con  salpicón,  lamprea seca afumada con  fideos e chícharos, de sobremesa postre según carta de restaurante e café. A segunda opción, de cinco pratos, custa 30 euros e inclúe empanada de  lamprea,  lamprea rechea con  salpicón,  lamprea seca asada ou frita,  lamprea seca afumada con  fideos e chícharos, postre según carta de restaurante e café.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011