Obras acceso Couto - As Laxas

ARBO DESTINA 38.000 EUROS PARA ÁS OBRAS DE ACCESO COUTO AS LAXAS

  • Concello de Arbo contrata as obras de “Acceso Couto a  As Laxas”,  tras resolución de concesión de Subvención da Axencia Galega de  Desenvolvemento Rural dacordo coa resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de  Galicia 2014 – 2020
  • O importe das obras ascende a 38.102,90 €.- (IVE 21% incluído).
  • Despois do proceso de licitación e adxudicación as obras comezaron e o prazo de execución de 3 meses 

Á vista do expediente que se tramitou ante a Axencia Galega de  Desenvolvemento Rural dacordo coa resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de  Galicia 2014 – 2020 para “Acceso Couto – As Laxas”, cun orzamento total de 38.102,90 €.- (IVE do 21% incluido) o Concello de Arbo, recibia da Consellería de Medio Rural comunicación da concesión de subvención o pasado 16 de xullo para a mellora do Camiño de As Laxas.

Mellorar as infraestruturas de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxectivo de favorecer as condicións de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuír a evitar a  despoboación e fomentar a actividade económica.

 

A Roza do terreo, demolición e realización do movemento de terras necesario, escavacións e terraplenados, así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira. Execución de  muros de cachotería, realización de cunetas  formigonadas nos tramos sinalados nos planos, ampliación do vial e posteriormente aglomerado en quente  e pintado do eixo e colocación de barreiras de seguridade, son algunhas das obras que constan na memoria do proxecto.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011