OBRAS DE “MELLORA E AMPLIACIÓN EN VIAL DE ARBO A VILAR-AS LAXAS” ,

OBRAS DE “MELLORA E AMPLIACIÓN EN VIAL DE ARBO A VILAR-AS LAXAS” ,

O Concello de Arbo, recibe unha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER),  para obras de “MELLORA E AMPLIACIÓN EN VIAL DE ARBO A VILAR-AS LAXAS”, ao abeiro da resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E).

Importe da subvención: 45.645,75€.-

Importe da Obra:  54.431,35 € (IVE  do 21% incluído que ascende a 9.446,76€.-)

As obras que se desenvolven no proxecto consisten na mellora e ampliación de vial de acceso de Arbo ao Lugar de Vilar na zona de As Laxas no Concello de Arbo.

SUMINISTRO VARANDA EN CAMIÑO FONTE DA IGREXA E PECHE PARQUE INFANTIL DE SAN ANTONIO

SUMINISTRO VARANDA EN CAMIÑO FONTE DA IGREXA E PECHE PARQUE INFANTIL DE SAN ANTONIO

O Concello de Arbo, realizara melloras no camiño da Fonte e peche do Parque Infantil de San Antonio de acordo coa concesión de subvención por Resolución  de presidencia de data 09.04.2024 incluído no Plan de obras e servizos de competencia municipal (PLAN + PROVINCIA 2024), recibida pola sede electronica do Concello de Arbo  con data 10.04.2024 ás 10:10horas (2024-E-RC-888).

O importe do contrato ascendería á cantidade de 17.769,45 (IVE do 21%  incluído que ascende a 3.083,95€)

Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo:

  • Mellorar o servizo a cidadanía e a calidade do mesmo.
  • Mellorar a seguridade nos parques infantís.

CAMPAMENTO 2024

Faga a inscrición no seguinte enlace ➡️ https://forms.gle/y5QR6PDxsRGbUMFj7

ESPAZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR: Campamento Verán 2024
 
Novo prezo público publicado no BOP Pontevedra o día 14.05.2024
 
IMPORTE PREZO PÚBLICO por quincena: 30 € (60 € dous quincenas)
IMPORTE PREZO PÚBLICO (Bonificación por segundo irmán ou irmá): 15 € (30 € dous quincenas)
IMPORTE PREZO PÚBLICO (Exención a partir do 3º irmán ou irmá): 0 €
IMPORTE PREZO PÚBLICO (Exención por presentar situación de desemprego dos proxenitores): 0 €
INGRESO EN ABANCA: IBAN ES44 2080 5011 8530 4000 5379
DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ACHEGAR: Xustificante bancario do pagamento da taxa que
corresponda

 

PROXECTO “HUMANIZACION DA RUA VAZQUEZ ESTEVEZ-1ª FASE`

PROXECTO “HUMANIZACION DA RUA VAZQUEZ ESTEVEZ-1ª FASE`

O Concello de Arbo, recibe unha achega da Deputación de Pontevedra, ao abeiro do programa PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN + PROVINCIA 2024)-LIÑA 4, para a redacción do Proxecto de “HUMANIZACIÓN DA RÚA VÁZQUEZ ESTÉVEZ – 1º FASE”

 O importe da achega ascende a 12.779,14 euros co obxecto do financiamento da redacción do proxecto “HUMANIZACION DA RUA VAZQUEZ ESTEVEZ-1ª FASE ” (Exp: 2024019416).

 

 

CONEXIÓN DE SANEMENTO EN ALMUIÑA A REDE XERAL

O CONCELLO RECIBE UNHA ACHEGA PARA OBRAS DE SANEAMENTO EN ALMUIÑA

Obras de “Conexión do saneamento en Almuíña á rede xeral, tras resolución de concesión de subvención na liña en concorrencia non competitiva  da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,  ao abeiro da ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG núm. 17, do 24 de xaneiro). PR483A. Fondo de Compensación Ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos.

Orzamento: 31.738,52 € (IVE do 21% incluído que ascende 5.508,34 €)

As obras propostas consisten: Conexión de saneamento  e reposición de pavimento

MELLORA VIAL ACCESO A PORTELA - CUARTO

OBRAS DE “MELLORA VIAL ACCESO A PORTELA - CUARTO, de acordo coa concesión de subvención por Resolución  de 23.05.2024 da Dirección Xeral de Administración Local da  Vicepresidencia Segunda  e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,  ao abeiro da Orde 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concello de Galicia para o ano 2023, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento PR486; DOG núm. 9 de 12 de xaneiro)

Importe do contrato: 48.396,94 (IVE do 21% incluído que ascende a 8.399,47 €).

A actuacións que se localizan no lugar de A Portela e o cuarto,  teñen por obxecto facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos, conter noiros en marxe superior da calzada e canalizar as augas de pluviais e rega, saneando o pavimento deteriorado e ampliando no Lugar da Portela - Cuarto, limitada hoxe polo ancho do vial, o asentamento dunha parte do pavimento e o fluír superficial das augas pluviais e de rega que acentúan o efecto sobre o miso.

AS OBRAS A REALIZAR

  • As obras que se desenvolven no presente proxecto consisten na mellora do vial de acceso no Lugar da Portela, dentro do Concello de Arbo.
  • Comezasen coa roza e limpeza da vexetación en ambas as marxes do vial, para a continuación proceder á demolición, escavación e retirada do muro de cachotería existente (xa derruido un tramo no inicio da actuación) co seu transporte a entulleira ó novo lugar de emprego que se fixe polo Concello.
  • Seguirá, coa escavación en terras para a execución do novo muro de pedra granítica, drenaxe do trasdós, recheo de terras e perfilado de cuneta a revestir posterior, a execución das arquetas ao comezo e final de tramo e á revisión do caño de formigón enterrado que cruza o vial.
  • Demolerase o pavimento nos 55,00 ml da actuación e procederase ao saneo en profundidade das zonas onde se produciron asentos.
  • Seguidamente estenderase e compactará unha capa de 5 cms de mestura bituminosa en quente tipo AC 16 Surf 50/70 D na totalidade da obra. A superficie total será de 231,50 m2.

 

REPOSICIÓN DE VIAL E EXECUCION DE MURO NO LUGAR DE VILAR

 O Concello de Arbo, recibe unha subvneción da Deputación da Deputación de Pontevedra para a  execucións das obras do “REPOSICIÓN DE VIAL E EXECUCION DE MURO NO LUGAR DE VILAR”, incluído no Plan de obras e servizos de competencia municipal (PLAN + PROVINCIA 2024)

Importe do contrato: 51.613,82€.- (IVE  do 21% incluído que ascende a 8.957,77€.-)

 

Por Resolución de presidencia de data 14.05.2024 acordouse conceder ao concello de Arbo, unha subvención por importe de 51.613,82 euros co obxecto do financiamento do investimento “REPOSICION VIAL Y EJECUCION DE MURO EN LUGAR DE VILAR” (Exp: 2024019413), cuxo orzamento ascende 51.613,82 euros, recibida a notificación a través da sede electrónica do Concello de Arbo o 15/05/2024 ás 09:30 horas (núm. rexistro entrada 2024-E-RC-1207) (Exp: 2024019413).

 

As obras incluídas neste proxecto teñen como obxecto definir e valorar as actuacións necesarias para a reposición do vial e muros de contencion no Lugar de Vilar do Concello de Arbo.

As obras para realizar consisten na reposición dos muros de contención e do paquete de firmes, co fin de facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos, ampliando o vial para facilitar o cruzamento de vehículos e persoas na zona que atravesa o núcleo, aumentando a visibilidade e dotando dunha varanda metálica, situada na coroación do muro, para a seguridade dos peóns.

 

Rehabilitación do casco histórico de Arbo

Obras de “Rehabilitación do casco histórico de Arbo”, tras resolución de concesión de Subvención pola Deputación Provincial de Pontevedra por acordo da  Xunta  de Goberno  de data  16 de xuño de 2023, no marco da convocatoria de subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2023

Orzamento: 3.049,59 € (IVE 21% incluido que ascende a 529,27 €). Esta actuación contou co financiamento ao 100% do Ente Provincial en virtude do acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra en data 16 de xuño de 2023, recibido no rexistro xeral do Concello o 20.06.2023  (R.E. 1233), e que deu lugar a tramitación da correspondente modificación de crédito nº17/2023 na modalidade de xeración de crédito aprobado por Resolución da Alcaldía nº 340/2023 de 22.06.2023.

 

 

ACHEGA PARA REFORMA DE VESTIARIOS CAMPO DE FÚTBOL

O CONCELLO DE ARBO, RECBE UNHA ACHEGA PARA “REFORMA DE VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL”, tras resolución de concesión de subvención da Deputación provincial de Pontevedra-  PLAN EXTRAORDINARIO DE INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS (PEID)

Orzamento: 33.268,59 € (IVE  do 21% incluído que ascende a 5.773,89 €)

obxecto do presente proxecto consiste na intervención funcional consiste en aproveitar os dous espazos de grandes dimensións destinados a almacén e despacho, para crear dous vestiarios máis, reducindo a superficie de almacén e despacho e resolver as filtracións de auga da fachada.

Estes vestiarios son máis reducidos que os existentes, pero seguen a mesma organización formal para facilitar o trazado e conexión ás instalacións de saneamento e fontanería existentes.

A intervención é o resultado de dúas necesidades:

a) Unha funcional: Dotar ao campo de futbol de máis vestiarios.

b) Unha construtiva: Resolver a patoloxía da entrada de auga pola fachada.

Ademais procédese a facer accesible un aseo de público dos xa existentes, xa que actualmente non cumpre normativa.

O obxecto do presente proxecto consiste na intervención funcional consiste en aproveitar os dous espazos de grandes dimensións destinados a almacén e despacho, para crear dous vestiarios máis, reducindo a superficie de almacén e despacho e resolver as filtracións de auga da fachada.

Estes vestiarios son máis reducidos que os existentes, pero seguen a mesma organización formal para facilitar o trazado e conexión ás instalacións de saneamento e fontanería existentes.

CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS E CREACIÓN DE SENDAS PEONÍS E/OU CICLABLES NOS CONCELLOS DA REDE ÁGORA.(Expte. 2022023348)

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS E CREACIÓN DE SENDAS PEONÍS E/OU CICLABLES NOS CONCELLOS DA REDE ÁGORA.(Expte. 2022023348)

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN CON SOGAMA

O CONCELLO DE ARBO, ASINA UN CONVENIO CON SOGAMA PARA AS OBRAS DE  “RED DE SANEAMIENTO EN PONTE CABALEIROS (CARRETERA AUTONÓMICA PO-400, ENTRE EL P.K. 16+810 Y EL P.K. 17+315, EN EL CONCELLO DE ARBO”

 

O Concello de Arbo e SOGAMA asinaban un  Convenio de Colaboración en data 17.02.2023 por importe de 150.000,00 € (impostos engadidos), para a realización de obras de “Rede de saneamento en Ponte Cabaleiros (Estrada Autonómica PO 400 ente o P.Q. 16+810 e o P.Q. 17+315)”,  obras de interese público relacionadas co medio ambiente na contorna do Concello; sendo rexistrado dito Convenio debidamente asinado o día 24.02.2023 (Rexistro de entrada nº 357).

“CREACIÓN DUN ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE ARBO ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR URBANA E FOMENTANDO A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO”

O Concello de Arbo, recibe unha achega para a  “CREACIÓN DUN ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE ARBO ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR URBANA E FOMENTANDO A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO”, tras concesión de subvención do 100% da actuación por Resolución  de 06.11.2023 da Dirección  Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA Cambio Climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2023 (código de procedemento MT975O) (D.O.G., Nº 104, de 2 de xuño de 2023).

Importe do contrato: 20.000,00 € (IVE do 21% incluído que ascende a 3.471,07 €).

O Concello de Arbo é un dos concellos adheridos formalmente ao Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía, aprobado pola Comisión Europea o 15 de outubro de 2015, antes da solicitude da axuda.

Obxecto do contrato:

Coa actuación proposta preténdese crear un espazo público atenuando o efecto illa de calor urbana e fomentando a adaptación ao cambio climático. Para elo, executarase unha zona sombreada naturalmente con arbolado, unha senda e zonas de descanso. As actuacións a realizarán consistirán en:

  • DESBROCE E LIMPEZA DO TERREO: Desbroce e limpeza do terreo con medios mecánicos.
  • ESCAVACIÓN DE TERRAS A CEO ABERTO PARA CAXEADO: Almacenamento do terreo a unha profundidade de 0,4 metros en terreo de tránsito compacto, con medios mecánicos, e carga de camións.
  • SENDA: Grava artificial, fusos (40) / (25), en capas base de 20 cm. de espesor, con caras de fractura do 60%, colocadas, estendidas e compactadas, incluída a preparación da superficie de asento.
  • XARDINERIA E COLOCACIÓN DE MOBILIARIO E ELEMENTOS INFANTIS

A actuación proposta para “CREACIÓN DE ESPAZO DE OCIO ACUÁTICO FOMENTANDO ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR”, contribúe cos seguintes obxectivos e liñas da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050: Aumentar a resiliencia ao cambio climático.

Consiste no incremento da resiliencia ante o cambio climático dos sectores e actividades transversais. Inclúe liñas destinadas a fomentar unha estrutura territorial máis resiliente e con capacidade de adaptación, así como liñas específicas orientadas cara aos recursos naturais, a poboación e a auga e Reducir a vulnerabilidade do territorio ante os riscos xerados polo cambio no clima.

 

 

 

 

 

 

 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011