I CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA “ARBO NO NADAL”
Arquivos
Descargar: Instancia de participacion.docx - 85,26 Kb.
Descargar: bases participación.pdf - 220,62 Kb.
A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 28 de xaneiro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
3.31188.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE ARBO AO ABEIRO DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-2023 CORRESPONDENTE Á LIÑA 3: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS
LIÑA 3: importe máximo da subvención que se pode destinar a esta liña 97.065,72 €

.jpg)
Por medio de la presente intervención, pretendese poñer en valor o Cruceiro e o seu entorno próximo, xa que se trata da zona antiga de Sela: para o cal se retirará o aglomerado asfáltico e colocarase formigón árido visto, deixando unha zoa de terra na contorna das arbores e no mesmo estado natural a zona na proximidade do Cruceiro, e facendo unha recollida de pluviais.
A intervención conten os seguintes procesos e materiais • Acondicionamento do terreo no entorno do Cruceiro. Consiste en el desbroce da vexetación e retirada do aglomerado asfáltico necesario para colocar o pavimento de formigón con árido visto. No encontro do Cruceiro manterase o bordillo de pedra e manterase o estado natural do pavimento existente, despois da limpeza do mesmo. Limpeza e retirada de escombros. A obra e seu entorno quedarán preparados para seu uso inmediato. Todos os escombros serán retirados a vertedoiro autorizado.
Esta actuación conta coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades – Patrimonio Cultural, que marcou as pautas a seguir para a intervención da mellora.
Se establece un prazo de execución para as obras proxectadas dun (1) mes, contados dende o día seguinte a sinatura da Acta de comprobación do replanteo.
O Concello conta con financiamento da Deputación de Pontevedra, por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 1 de xullo de 2022, de acordo coas bases para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022 (acordo nº 16.31917, CSV: K88T7OHBHHLX4OLZ) con cargo á aplicación 22/332.3322.762.00 do vixente Orzamento provincial, correspondéndolle a este concello a cantidade de 3.022,02 euros para Obras de mellora da pavimentación no entorno do cruceiro de Sela
Os restantes 3.255,94 €. serán financiados con cargo a fondos propios do Concello existentes na aplicación orzamentaria 336.619 do orzamento definitivamente aprobado cara o exercicio 2022 por acordo plenario de 07.09.2022, publicado no BOPPO nº 173 de 09.09.2022; atopándose a presente actuación no anexo de investimentos do referido orzamento.

.jpg)
Comezan en Arbo as obras de mellora do ensanche do vial da igrexa de Santa María á capela de San Pedro
Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o vial de acceso dende a Igrexa ata a Capela de San Pedro na parroquia de Arbo , obxecto da obra, pois é un vial utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado.
As obras previstas conta con traballos previos e escavacións: Roce do terreo, demolición dos pavimentos existentes e realización do movemento de terras necesario, coa escavación (principalmente en roca, con martelo picador), así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira.
Executaranse muros de pedra do país, para a contención dos camiños, ou a reposición do peche das parcelas afectadas. Realizarase a recollida das augas pluviais dispoñendo unha cuneta de formigón. Executaranse tubaxes de PVC. Pozos de rexistro e arquetas. Renóvase a rede de iluminación do vial e a rede eléctrica e rede de telecomunicacións e pavimentación.
Por medio da presente intervención, ponse en valor a Capela de San Pedro e a Igrexa de Santa María de Arbo e o seu entorno próximo, xa a Granxa tratase da zona máis antiga de Arbo e pretendese conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais, e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes, así como mellorar a súa funcionalidade e fomentar o seu uso e mantemento, mellorando tamén a seguridade vial e facilitar o acceso ao barrio da Granxa.
O orzamento base de licitación ascende á cantidade de 202.988,56 € (IVE do 21% incluído que ascende a 35.229,42 €) e conta cunha achega da Deputación Provincial de Pontevedra, no marco do Plan Concellos 2022-2023: Liña 1: Investimentos.
.jpg)
O ACCESO AO LUGAR DE PAZOS-BARCELA AFRONTA UNHA NOVA FASE DE MELLORA
Os traballos de mellora deron comezo nos últimos días e o Concello de Arbo invertirá 40.706,94 € (IVE 21% incluído) para continuar coa mellora do acceso a Pazos – Barcela.
A actuación ten como obxectivo o ensanche e a mellora do acceso dun camiño municipal, no lugar de Pazos, na parroquia de Barcela – Fase II .
O Concello conta con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo as bases publicadas no BOPPO nº230 do 27/11/2021, pola que se convocan as bases reguladoras e convocatorias do Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos 2022-2023), dentro da Liña 1 – Investimentos, ao serlle concedida por Resolución da Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra unha subvención de 40.706,94 € para a actuación denominada “Ensanche e Mellora do acceso no lugar de Pazos – Barcela”
.jpg)
ARBO REMATA UNHA DAS OBRAS MÁIS IMPORTANTES PARA SELA: A " MELLORA DO CAMIÑO DE PORTAFEITOS QUE DA ACCESO AOS EIDOS DE ARRIBA"


.jpg)
O CONCELLO DE ARBO REALIZARA MELLORAS NA CIRCULACIÓN NO PARQUE EMPRESARIAL
O Concello de Arbo, vai inverter 88.570,39 €.- na mellora da Circulación no Parque Empresarial de Arbo. As citadas obras pretenden resolver os problemas de circulación e dar un servizo digno a unha serie de industrias situadas no polígono. As obras acaban de ser adxudicadas e o prazo de execución das obras é de tres meses.
As obras de “MELLORAS DA CIRCULACIÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE SAN XOAN DE BARCELA-ARBO” , contan con financiamento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, no importe de 74.396,46 € que corresponde ao 80% do investimento subvencionable de 92.995,75 € (que incluiría obras, máis honorarios de redacción do proxecto e dirección das obras), en virtude de resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de data 09.06.2022 e son necesarias dado os difíciles xiros que soportan os vehículos pesados para acceder ás industrias.
As obras fundamentalmente refírense a unha renovación do pavimento asfáltico actual cunha capa de aglomerado en quente nas interseccións e as obras necesarias para encaixar unhas glorietas no terreo existente. O pavimento actual está totalmente asfaltado.
.jpg)
.png)
O CONCELLO DE ARBO CONTRATA UNHA AUDITORÍA PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA DO CONCELLO
O 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Esta lei ten entre os seus obxectivos garantir a prestación adecuada dos servizos de abastecemento de auga cando exista un episodio de seca, tendo en conta os recursos hídricos dispoñibles, e establecer as normas e as medidas para o aproveitamento dos recursos hídricos nos períodos en que exista un episodio de seca, co fin de reducir a vulnerabilidade fronte a este evento, buscando unha garantía no abastecemento á poboación en equilibrio co medio natural e tendo en conta os posibles efectos do cambio climático.
A Lei 9/2019 establece na disposición adicional segunda que, no prazo máximo de dous anos, contado desde a entrada en vigor desta lei, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa.
O Concello de Arbo, para cumprir co establecido na Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario contrata unha AUDITORÍA MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO E PLAN DE ACTUACIÓN PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA DO CONCELLO DE ARBO por importe de 9.375,00 €.- (IVE 21% incluído), dos cales 7.500,00 €.- son subvencionados por Augas de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dacordo a resolución de data 17.08.2022 e corresponden o 80% do importe da actuación e sendo o 20% do importe restante, que ascende a 1.875,00 €.- con cargo a fondos propios do Concello de Arbo.
Os Traballos a realizar na auditoría:
• Unha explicación do funcionamento do sistema de abastecemento.
• Un inventario dos elementos singulares (puntos de captación de auga e a súa tipoloxía, equipos de medición existentes en captación, transporte, distribución e usuario final, estacións de bombeo de auga, depósitos de almacenamento, estacións de tratamento de auga potable), coas súas principais características, emprazamento e fotografías.
• Información sobre as redes de abastecemento (condución e distribución), lonxitude da rede de distribución, o estado de conservación e antigüidade das instalacións de abastecemento existentes.
• Inventario estimado do parque de contadores, características e antigüidade.
• Os núcleos de poboación e zonas aos que se subministra auga.
b) Documentación gráfica, planos en formato dixital (CAD ou SIX), do sistema de abastecemento do concello, contendo como mínimo: puntos de captación de auga, equipos de medición existentes dende a captación aos puntos de consumo, estacións de bombeo de auga, depósitos de almacenamento, estacións de tratamento de auga potable e as zonas e núcleos aos que se subministra auga.
c) Datos sobre o volume medio de auga captada e subministrada á rede de abastecemento, o número de usuarios conectados diferenciados por tipoloxía (domiciliarios, grandes consumidores, etc.), e a tipoloxía de consumos de auga rexistrados e non rexistrados e facturados e non facturados.
d) Un balance hídrico de todo o sistema de abastecemento, tendo en conta a auga captada, a auga rexistrada e a auga non rexistrada.
e) Un plan de actuacións aprobado no pleno municipal do concello para minimizar as perdas de auga dos sistemas de abastecemento á poboación nos seguintes catro anos, contendo, como mínimo:
• Medidas e actuacións para a redución dos consumos autorizados non rexistrados.
• Medidas e actuacións para a redución das perdas aparentes (erros de medición, erros de lectura, consumos non autorizados).
• Medidas e actuacións para a redución das perdas reais

.png)
.png)
O Concello de Arbo realizou obras de “Proxecto de OBRAS DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO DE ARBO ”, tras resolución de concesión de Subvención pola Deputación Provincial de Pontevedra por acordo da Xunta de Goberno de data 10 de decembro de 2021, no marco da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021.
Orzamento: 4.489,10 € (IVE 21% incluído).
Á vista do expediente que se tramitou ante a Deputación Provincial de Pontevedra, no marco da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021, para a obtención dunha achega para as obras de “proxecto de obras de rehabilitación do casco histórico de Arbo”.
A memoria técnica redactada polo Sr. Arquitecto Municipal D. Teodoro de Francisco Antes o 25 de outubro de 2021, serviu de base para a petición da subvención, e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe de 4.489,10 € (IVE do 21% incluído que ascende a 779,10 €).
Esta a actuación contou con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, no importe de 3.017,18 € en virtude de acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 10 de decembro de 2021, recibido o 20.12.2021; asumindo o Concello con cargo a fondos propios o importe restante de 1.471,92 €.
.jpg)


.jpg)
.jpg)
.png)
.jpg)
ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DO CONCURSO DE CARTEIS DA “LXII FESTA DA LAMPREA”: CATEGORÍA LIBRE CELEBRADA O DÍA 2 DE FEBREIRO DE 2022.
Á vista das bases do concurso de carteis da “LXII Festa da Lamprea”: Categoría Libre aprobadas pola Alcaldía por resolución nº 648/2021 de 15.12.2021 para deseñar o cartel para “LXII Festa da Lamprea” promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio que terá lugar os día 22,23 e 24 de abril do ano 2022.
Reunidos o día 2 de febreiro de 2022, ás 13:00 h., os membros do xurado que a seguido se relacionan designados por Resolución da Alcaldía nº 30/2022 de data 26.01.2022:
-Teodoro de Francisco Antes, Arquitecto Municipal do Concello de Arbo.
-Lucía Costa Pereira, Secretaria da “Asociación Deportiva C. Fútbol de Arbo”
-María Praxedes Francisco, representante do BANCO SANTANDER, en representación do ámbito empresarial.
-María Saladina Alonso Fernández.
Secretaria: Patricia Hernández Estévez, Secretaria do Concello de Arbo, que terá voz pero non voto.
Ausentes: Xerente de Restaurante A Rula, en representación do ámbito da hostalería, que escusa a súa asistencia.
Está presente no acto o Sr. Alcalde, e non asiste o Sr. Concelleiro de Cultura.
Tendo en conta que nas bases se establecen tres premios:
1º Premio: 800,00 euros.
2º Premio: 400,00 euros.
3º Premio: 200,00 euros.
Unha vez rematado o prazo para a entrega das propostas o 17.01.2022, preséntanse en prazo sete (7) sobres pechados e debidamente selados na oficina de correos e rexistrados de entrada no Concello.
Tras o exame das propostas de cartel presentadas en prazo, o xurado acorda admitir as sete (7) propostas recibidas, ao terse presentado en forma e prazo conforme ao disposto na base 3ª das Bases do Concurso aprobadas.
Unha vez examinadas por parte dos membros do xurado as sete (7) propostas presentadas e admitidas, e tras establecer o resultado da súa valoración en base aos criterios fixados nas bases e relativos á creatividade, o impacto visual e a súa relación coa filosofía do evento, resultan os tres carteis premiados, procedendo á apertura dos sobres pechados nos que figuran os nomes e identificación dos autores dos mesmos, sendo o resultado o seguinte e pola orde que se reflicte:
1º Posto: César Núñez Álvarez, de Astorga-León, correspondéndolle o 1º Premio fixado nas bases polo cartel presentado con R.E. núm. 66 de 14.01.2022 (selado e presentado na oficina de correos o 13.01.2022): Lema: A toda cor.
2º Posto: Rubén Lucas García, de Murcia, correspondéndolle o 2º Premio fixado nas bases polo cartel presentado con R.E. núm. 86 de 19.01.2022 (selado e presentado na oficina de correos o 17.01.2022), que participa con dous carteis, sendo o gañador o de: Lema: “A de Arbo”.
3º Premio: Tamara Filgueira Vázquez, de Cerdedo-Cotobade, correspóndelle o 3º Premio fixado nas bases polo cartel presentado co R.E. núm. 85 de 19.01.2022 (selado e presentado na oficina de correos de Astorga-León o 17.01.2022): Lema: “Lampreando”.
A continuación procédese a abrir os restantes sobres pechados nos que figuran os nomes e identificación dos autores dos demais carteis presentados a concurso e admitidos:
- Beatriz González Paz, de Vigo-Pontevedra (R.E. núm. 62 de 13.01.2022), que participa cun só cartel.
- Marcos Dios Almeida, de Vilaboa-Pontevedra (R.E. núm. 77 de 18.01.2022, que foi selado e presentado na oficina de correos o 17.01.2022), que participa con dous carteis cos lemas: “Corazonciño” e “Xuntiñas”.
-Jesús Vázquez Pérez, Barcela-Arbo (R:E. núm. 72 de 17.01.2022), que participa cun só cartel.
-Miguel Pérez Ramudo, Cambados-Pontevedra (R:E. núm. 67 de 14.01.2022, que foi selado e presentado na oficina de correos o 13.01.2022), que participa cun só cartel co lema: “Atrapa a Lamprea”.
De acordo coas bases, as propostas presentadas e premiadas quedarán en poder do Concello, podendo facer uso das mesmas para calquera evento que desenvolva, e podendo ser obxecto de exposición ou reprodución por parte dos convocantes, sen que elo dea dereito a retribución algunha para os concursantes.
O Concello poderá efectuar cantas reproducións precise do cartel que obteña o premio e difundilo, sen que polo seu autor poda evocar dereitos ao respecto, podendo empregar a imaxe completa do cartel ou parte dela para realizar material relacionado coa festa.
Do mesmo xeito, poderá introducir algunha modificación nos carteis premiados se existira algunha dificultade técnica para a súa impresión ou para introducir algún texto ou logotipo que non figure inicialmente nas bases.
As obras non premiadas devolveranse aos seus autores, podendo estes pasar a recollelas polas dependencias municipais a partir do quinto dia posterior ao fallo do xurado no mesmo lugar onde foron entregadas.
Non sendo outro o obxecto desta reunión, levántase a presente en Arbo a 02.02.2022, sendo asinada polos asistentes en mostra da súa conformidade.
Teodoro de Francisco Antes, Arquitecto Municipal do Concello de Arbo.
Lucía Costa Pereira, Secretaria da “Asociación Deportiva C. Fútbol de Arbo”
María Praxedes Francisco, representante do BANCO SANTANDER
María Saladina Alonso Fernández.
A Secretaria, dando fe do acto, Patricia Hernández Estévez
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011