CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA
Arquivos
Descargar: Instancia.pdf - 44,28 Kb.
O CONCELLO DE ARBO ESTENDERÁ ESTE CURSO A GRATUIDADE DO P.A.I
PLAN CONCELLOS 2023 - PROGRAMA DESTINADO Á AMORTIZACIÓN DE DÉBEDAS CON ENTIDADES FINANCEIRAS, ACREDORES DE GASTO CORRENTE E INVESTIMENTOS E FINANCIAMENTO DE GASTO CORRENTE DERIVADO DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS E/OU DERIVADO DA REALIZACIÓN DE ACTOS CULTURAIS, DEPORTIVOS, SOCIAIS, ETC NÚMERO DE EXPEDIENTE: 2023005272 DENOMINACIÓN DA ACTUACIÓN: “GASTO CORRENTE PAGO SOGAMA” BENEFICARIO: Concello de ARBO ASUNTO: Concesión de subvención; compromiso de gasto que importa 10.428,97 euros
O Concello de Arbo, recibe unha achega da Deputación de Pontevedra por importe de 15.702,62 euros no marco da convocatoria das axudas económicas a entidades locais da provincia de Pontevedra para realizar actuacións de emerxencia que garantan o abastecemento de auga potable domiciliaria ante a situación de seca, publicada no BOPPO nº 174 de 12 de setembro de 2022.
CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE ARBO PARA AS OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO DO CEA E CAMIÑO DE TEIMENDE
O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA A “URBANIZACIÓN DO CAMIÑO DA BOUZA”.
O CONCELLO DE ARBO ACOMETERÁ OBRAS DE “HUMANIZACIÓN DO CAMIÑO SAN BENITO
A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 28 de xaneiro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
3.31188.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE ARBO AO ABEIRO DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-2023 CORRESPONDENTE Á LIÑA 3: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS
LIÑA 3: importe máximo da subvención que se pode destinar a esta liña 97.065,72 €
Por medio de la presente intervención, pretendese poñer en valor o Cruceiro e o seu entorno próximo, xa que se trata da zona antiga de Sela: para o cal se retirará o aglomerado asfáltico e colocarase formigón árido visto, deixando unha zoa de terra na contorna das arbores e no mesmo estado natural a zona na proximidade do Cruceiro, e facendo unha recollida de pluviais.
A intervención conten os seguintes procesos e materiais • Acondicionamento do terreo no entorno do Cruceiro. Consiste en el desbroce da vexetación e retirada do aglomerado asfáltico necesario para colocar o pavimento de formigón con árido visto. No encontro do Cruceiro manterase o bordillo de pedra e manterase o estado natural do pavimento existente, despois da limpeza do mesmo. Limpeza e retirada de escombros. A obra e seu entorno quedarán preparados para seu uso inmediato. Todos os escombros serán retirados a vertedoiro autorizado.
Esta actuación conta coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades – Patrimonio Cultural, que marcou as pautas a seguir para a intervención da mellora.
Se establece un prazo de execución para as obras proxectadas dun (1) mes, contados dende o día seguinte a sinatura da Acta de comprobación do replanteo.
O Concello conta con financiamento da Deputación de Pontevedra, por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 1 de xullo de 2022, de acordo coas bases para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022 (acordo nº 16.31917, CSV: K88T7OHBHHLX4OLZ) con cargo á aplicación 22/332.3322.762.00 do vixente Orzamento provincial, correspondéndolle a este concello a cantidade de 3.022,02 euros para Obras de mellora da pavimentación no entorno do cruceiro de Sela
Os restantes 3.255,94 €. serán financiados con cargo a fondos propios do Concello existentes na aplicación orzamentaria 336.619 do orzamento definitivamente aprobado cara o exercicio 2022 por acordo plenario de 07.09.2022, publicado no BOPPO nº 173 de 09.09.2022; atopándose a presente actuación no anexo de investimentos do referido orzamento.
Comezan en Arbo as obras de mellora do ensanche do vial da igrexa de Santa María á capela de San Pedro
Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o vial de acceso dende a Igrexa ata a Capela de San Pedro na parroquia de Arbo , obxecto da obra, pois é un vial utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado.
As obras previstas conta con traballos previos e escavacións: Roce do terreo, demolición dos pavimentos existentes e realización do movemento de terras necesario, coa escavación (principalmente en roca, con martelo picador), así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira.
Executaranse muros de pedra do país, para a contención dos camiños, ou a reposición do peche das parcelas afectadas. Realizarase a recollida das augas pluviais dispoñendo unha cuneta de formigón. Executaranse tubaxes de PVC. Pozos de rexistro e arquetas. Renóvase a rede de iluminación do vial e a rede eléctrica e rede de telecomunicacións e pavimentación.
Por medio da presente intervención, ponse en valor a Capela de San Pedro e a Igrexa de Santa María de Arbo e o seu entorno próximo, xa a Granxa tratase da zona máis antiga de Arbo e pretendese conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais, e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes, así como mellorar a súa funcionalidade e fomentar o seu uso e mantemento, mellorando tamén a seguridade vial e facilitar o acceso ao barrio da Granxa.
O orzamento base de licitación ascende á cantidade de 202.988,56 € (IVE do 21% incluído que ascende a 35.229,42 €) e conta cunha achega da Deputación Provincial de Pontevedra, no marco do Plan Concellos 2022-2023: Liña 1: Investimentos.
O ACCESO AO LUGAR DE PAZOS-BARCELA AFRONTA UNHA NOVA FASE DE MELLORA
Os traballos de mellora deron comezo nos últimos días e o Concello de Arbo invertirá 40.706,94 € (IVE 21% incluído) para continuar coa mellora do acceso a Pazos – Barcela.
A actuación ten como obxectivo o ensanche e a mellora do acceso dun camiño municipal, no lugar de Pazos, na parroquia de Barcela – Fase II .
O Concello conta con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo as bases publicadas no BOPPO nº230 do 27/11/2021, pola que se convocan as bases reguladoras e convocatorias do Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos 2022-2023), dentro da Liña 1 – Investimentos, ao serlle concedida por Resolución da Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra unha subvención de 40.706,94 € para a actuación denominada “Ensanche e Mellora do acceso no lugar de Pazos – Barcela”
ARBO REMATA UNHA DAS OBRAS MÁIS IMPORTANTES PARA SELA: A " MELLORA DO CAMIÑO DE PORTAFEITOS QUE DA ACCESO AOS EIDOS DE ARRIBA"
O CONCELLO DE ARBO REALIZARA MELLORAS NA CIRCULACIÓN NO PARQUE EMPRESARIAL
O Concello de Arbo, vai inverter 88.570,39 €.- na mellora da Circulación no Parque Empresarial de Arbo. As citadas obras pretenden resolver os problemas de circulación e dar un servizo digno a unha serie de industrias situadas no polígono. As obras acaban de ser adxudicadas e o prazo de execución das obras é de tres meses.
As obras de “MELLORAS DA CIRCULACIÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE SAN XOAN DE BARCELA-ARBO” , contan con financiamento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, no importe de 74.396,46 € que corresponde ao 80% do investimento subvencionable de 92.995,75 € (que incluiría obras, máis honorarios de redacción do proxecto e dirección das obras), en virtude de resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de data 09.06.2022 e son necesarias dado os difíciles xiros que soportan os vehículos pesados para acceder ás industrias.
As obras fundamentalmente refírense a unha renovación do pavimento asfáltico actual cunha capa de aglomerado en quente nas interseccións e as obras necesarias para encaixar unhas glorietas no terreo existente. O pavimento actual está totalmente asfaltado.
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011