O concello de Arbo, dentro da súa programación do “Nadal Cultural 2015”, un ano máis vai a organizar o “Mercadiño Solidario”, o vindeiro 13 de decembro de 2015 dende ás 11:00 ata ás 20:00 Na Plaza do Mercado, ONG como Fundai, O Jatican, Asociación San Roque Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, entre outras venderan mobles, roupa, artesanía, comida, bixutería, xoguetes, prantas e todo tipo de agasallos para estas datas de Nadal.
Todos os visitantes poderán atopar os agasallos axudando aos que máis o precisen. Tamén Asociacións do Concello exporán e venderan os produtos realizados polos socios ou colaboradores durante este ano.
Durante todo o día haberá talleres infantis, diversas actuacions musicais e xogos
