Pavimentación de Aceras Vial Acceso en Sela

PAVIMENTACIÓN DAS BEIRARÚAS DO VIAL DE ACCESO A SELA

  • Contratación das obras de “Pavimentación aceras vial acceso Sela”, tras resolución de concesión de Subvención da Deputación provincial de Pontevedra- con cargo aos remanentes resultantes do   Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencias municipal para a anualidade 2020, dentro da liña 1 – Investimentos
  • Orzamento: 10.991,00 (IVE 21% incluído).

 

Unha vez executados, certificados e xustificados os proxectos das actuacións incluídas na Liña 1: Investimentos do Plan Concellos 2020, e advertidos da existencia de remanentes por baixas na adxudicación a favor do Concello de Arbo,  en ditos  proxectos do Plan Concellos 2020,  que importan un  total  de 10.991,00 €, existindo a posibilidade de reinvestilo en novos proxectos conforme ao establecido na base décimo novena da convocatoria de axudas, no marco do Plan de Obras e Servizos para o ano 2020 (Plan Concellos 2020), en concreto, na Liña 1: Investimentos, da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra publicada no BOPPO nº 1 de 2 de xaneiro de 2020.

 

Por alcaldía resolveuse realizar a finalidade obxecto da subvención “Pavimentación de Aceras de Acceso a Sela” co fin de mellorar e ampliar os camiños públicos e mellorar a accesibilidade dos habitantes, asumindo o  compromiso de cumprir as condicións impostas nas bases do Plan Concellos 2020, aprobando o proxecto e solicitouse á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, unha subvención polo 100% da referida actuación,  con cargo ao Plan Concellos 2020- Liña 1: Investimentos, ao abeiro da base décimo novena da convocatoria de axudas

 

Coas obras proxectada preténdese dar resposta a demanda dos veciños e veciñas de Sela, tendo en conta que na actualidade ditas beirarúas atópanse sen pavimentar e con moita maleza crecendo na zona destinada aos peóns, o que impide o paso seguro da veciñanza.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011