Resolución admitidos Plan de Emprego
Arquivos
- Descargar: Acta selección 7 persoas Plan Concellos 2017.pdf - 4.773,19 Kb.
A lista provisional de Admitidos e Excluidos foi publicada con data 1 de decembro de 2016 no taboleiro de anuncios do Concello de Arbo
ANUNCIO
Con cargo a subvención concedida pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en data 04/05/2016 (R.E. 539 de data 09/05/2
016), por importe de 4.798,94€, dentro do Plan Concellos 2016, Liña 2 .- “Pagamento de Acreedores para gasto corrente”, fixose efectivo o pagamento das seguintes facturas:
- SOGAMA, por importe de 4.798,94 €.
Con cargo a subvención concedida pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en data 04/04/2016 (R.E. 420 de data 11/04/2016), por importe de 6.684,44 €, dentro do Plan Concellos 2016, Liña 2 .- “Gastos varios servizos municipais”, fixose efectivo o pagamento das seguintes facturas:
Proveedor |
Concepto |
Importe |
Electricidade Condado |
Mantenimiento Alumbrado |
414,21 |
Lyreco España |
Suministro Material Oficina |
366,38 |
Archeo Atlántica |
Traballos arqueolóxicos |
822, 80 |
Romister, s.l. |
Alumbrado Navidad |
3.146,00 |
Servifire – Madinfor Global |
Revisión extintores |
345,45 |
Electricidad Condado |
Suministro Electrico |
653,40 |
“ |
“ |
952,80 |
|
TOTAL |
6.684,44 |
RECOLLIDA, TRANSPORTE, XESTIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE ARBO, E DA RECOLLIDA ORDINARIA DOS CONTADORES DE PAPEL/CARTÓN DO CONCELLO
O concello de Arbo, ven de adxudicar e contratar a prestación dos servizos de “Recollida, transporte, xestión e tratamento de residuos do punto limpo do Concello de Arbo, e da recollida ordinaria dos contadores de papel/cartón do Concello”, mediante procedemento negociado sen publicidade, deste servizo, admitindo entre os criterios de selección o prezo máis baixo e outros criterios obxectivos que garden relación co obxecto deste contrato; establecendo a súa duración nun ano, coa posibilidade da súa prórroga por outro ano máis por mutuo acordo das partes.
En Resolución nº 208/15 de 22.05.15 resolveu aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas para a adxudicación do contrato de prestación dos referidos servizos, mediante procedemento negociado sen publicidade ao abeiro do disposto no artigo 174 e), en relación co artigo 177 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público; ao mesmo tempo que aproba o expediente de contratación e autoriza o gasto correspondente a este ano 2015 con cargo á aplicación orzamentaria 1621.227 prevista no Orzamento prorrogado cara o exercicio 2015, asumindo o compromiso de dotar o crédito necesario para asumir as obrigas económicas deste contrato no orzamento 2016 e nos orzamentos ao que estende a duración deste contrato, incluídas as posibles prórrogas por mutuo acordo das partes.
O vindeiro día venres 7 de agosto, ás 21 horas, no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, e dentro das actividades comprendidas dentro do “Verán Cultural 2015 de Arbo”, a Aula de Teatro Municipal de A Cañiza representara a obra de Teatro “Alicia no Pais das Marabillas”
A aula de teatro municipal da Cañiza naceu hai xa doce anos. Neste curso 2014-2015 están dirixidos por Diana Mera, alumna da 1ª promoción , licenciada na ESAD de Vigo e Directora e produtora da súa propia compañía “Aporía escénica”.
Este ano a obra que presentan é todo un clásico: Alicia no país das marabillas, do autor inglés Lewis Carroll, pero neste caso os alumnos-as fixeron unha adaptación da obra , partindo da versión cinematográfica de Tim Burton.
A estrea foi o venres 26 de xuño no Auditorio municipal da Cañiza e como cada ano foi todo un éxito tanto de público como de crítica.
Dentro das actividades que organiza o Concello de Arbo no seu programa do “Verán Cultural 2015” e a petición da Comisión de Festas da Virxe do Carme de Sela o vindeiro domingo 19 de de xullo partires das 19 horas, no Torreiro da Feiras de Sela, terá lugar a actuación do Grupo de Baile, Gaitas e Pandereteiras da Asociación Cultural a Vella Barca, co gallo da Festa do Carme de Sela.
O Concello de Arbo e a Comisión de Festas invita a todos a acercarse ata Sela e disfrutar deste evento
O Concello de Arbo esta a executar a actuación de investimento denominado "adecuación, mellora e ampliación de infraestructuras públicas en Arbo: Parques Infantis e alumeado público" cun orzamneto de 10.032,89 €.-" Con esta actuación preténdese a adecuación, mellora e ampliación de varías infraestructuras dentro do territorio do Concello de Arbo, levando a cabo as obras consistentes en adecuación á normativa en materia de parques infantis entre outros do parque existente en Turbela ao carón do centro médico.
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011