San Valentin
Un ano máis o concello de Arbo, quere homenaxear os matrimonios que cumpran ou que cumprisen os “50 anos de casados ( Vodas de Ouro) ” dende o 22 de febreiro de 2015 ata o 14 de febreiro de 2016.
A homenaxe terá lugar o vindeiro 14 de febreiro no Auditorio Multiusos de Arbo ás 18:00 horas, no que actuaran a Coral Polifónica de Arbo, a Banda de Musica de Arbo, a A.C Barca de Loimil e a A.C Vella Barca.