Atención os nosos maiores
O CONCELLO DE ARBO PROGRAMA UN CURSO DE FORMACIÓN PARA A ATENCIÓN DE MAIORES
“Atención aos Novos Maiores” formará a mozas de entre 14 a 30 anos a través de catro módulos de 50 horas
O Concello de Arbo como entidade solicitante de axudas por resolución do 20 de maio de 2019 respecto das axudas para o programa de iniciativas locais destinadas á mocidade, ao amparo da orde do 28 de decembro de 2018 que rexen as subenciones destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha destas iniciativas a través da Consellería de Política Social e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado obtivo unha axuda por importe de 5600 euros para a realización destes cursos.
A través da actividade “Atención aos Novos Maiores” formarase a mozas de entre 14 a 30 anos a través de catro módulos de 50 horas cada un segregados en animación sociocultural, habilidades sociais, enfermidades mentais e técnicas de motivación. Os interesados en anotarse a estes cursos poden inscribirse nas oficinas xerais do concello ou na terceira planta (Ana). O prazo de inscrición termina o próximo día 30 de xuño.