O Concello

ALCALDE – PRESIDENTE

Horacio Gil Expósito (PP)

 

MEMBROS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL

D. Horacio Gil Exposito (PP)

Dª María Salomé Troncoso Vieitez (PP)

D. Raimundo Rodríguez Guntín (PP)

D. Raúl Rodríguez Álvarez (PP)

Dª Vicenta Rodríguez Cerdeira (PP)

Dª Maria Dolores Nuñez Núñez (PP) 

D. Xavier Simón Fernández (Agrupación Electores de Arbo)

Dª. Fabiola Durán Pedrosa (Agrupación Electores de Arbo)

D. Luis Enrique Rodríguez Martínez (Agrupación Electores de Arbo)

Dª María José Castro Fernández (Agrupación Electores de Arbo)

D. Baltasar Vallejo Santos (Agrupación Electores de Arbo)

 

TENENTES DE ALCALDE

Primeira Tenente de Alcalde: Dª Salomé Troncoso Vieitez

Segundo Tenente de Alcalde: D. Raúl Rodríguez Álvarez

Terceiro  Tenente de Alcalde: D.  Raimundo Rodriguez Guntín 

 

AREAS DE GOBERNO - CONCELLERIAS

 

Persoal, Promoción Económica, Turismo, Obras, Urbanismo, Vivenda, Réxime Interior, Mobilidade Sustentable e Relacións Institucionais

D. Horacio Gil Exposito, Alcalde-Presidente

 

Novas Tecnoloxías, Comunicación, Emprego, Cultura e Facenda

D. Raúl Rodríguez Álvarez.

 

Comercio, Medio Ambiente e Medio Rural

D. Raimundo Rodriguez Guntín 

 

Xuventude e Participación Cidadá

Dª Mª Dolores Nuñez Núñez

 

Servizos Xerais, Servizos Sociais e Igualdade, Sanidade e Educación

Dª Salomé Troncoso Vieitez.

 

Deportes, Áreas Recreativas e Parques e Xardíns

 Dª Vicenta Rodríguez Cerdeira.

 

PERIODICIDADE DE SESIÓNS DO PLENO

O Pleno Municipal celebra sesión ordinaria os derradeiros luns dos meses de marzo, xuño, setembro e decembro ás 11.00 horas. Se esta data coincidise con día festivo ou non laborable a celebración adiantarase cara o día hábil inmediatamente anterior.

 

COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS DO CONCELLO DE ARBO.

Presidente: O Sr. Alcalde, ou concelleiro en quen delegue.

Catro vogais: dous por cada grupo municipal constituído, cos seus respectivos suplentes. Sendo os concelleiros designados por cada grupo municipal  para integrar este órgano colexiado os seguintes:

*Polo grupo municipal do PP: -Titulares: D. Raúl Rodríguez Álvarez e D. Raimundo Rodríguez Guntín.-Suplentes: e Dª Salomé Troncoso Vieitez.

*Polo grupo municipal da Agrupación de Electores de Arbo: -Titulares: Fabiola Durán Pedrosa e María José Castro Fernández.-Suplentes: Xavier Simón Fernández e Luis Enrique Rodríguez Martínez.

 

REPRESENTANTES DO CONCELLO EN ÓRGANOS COLEXIADOS

Designación da Concelleira Dª Salomé Troncoso Vieitez, como membro representante deste Concello de Arbo no Consello Escolar do CEIP “Antonio Carpintero”,  e como suplente da mesma á Concelleira Dª Vicenta Rodríguez Cerdeira.

Designación do Concelleiro D. Raúl  Rodríguez Álvarez, como representante político do Concello de Arbo na Rede de Dinamización Lingüística á que este Concello se atopa adherido, e como suplente  do mesmo ao Sr. Alcalde-Presidente D. Horacio Gil Expósito.

 

REPRESENTANTES NA REDE CIDADE DOS NENOS/AS         

Designar como representante do Concello  no referido proxecto á Concelleira de Educación   Dª Salomé Troncoso Vieitez.

 

MESA LOCAL DE COMERCIO  

D.Horacio Gil Expósito, Alcalde-Presidente, ou concelleiro no que delegue, que presidirá o referido órgano colexiado.

Dª Raimundo Rodríguez Guntín, Concelleiro Delegado de Comercio (PP), e como suplente á Concelleira Dª Salomé Troncoso Vieitez (PP).

D. Baltasar Vallejo Santos (AGRELAR), e como suplente a concelleira Dª María José Castro Fernández (AGRELAR).

CONTÍA ASISTENCIAS ÓRGANOS COLEXIADOS

Fixar no importe de 120 € a cantidade a percibir pola asistencia ás sesións, tanto ordinarias como extraordinarias, dos órganos colexiados regulamentariamente constituídos no Concello de Arbo

 

DEDICACIONS PARCIAIS

Presidencia: Alcalde-Presidente, D Horacio Gil Expósito, que asume as áreas de Persoal, Promoción Económica, Obras, Urbanismo, Vivenda, Tráfico, Réxime Interior, e Relacións Institucionais, así como as restantes non atribuídas  no decreto de delegación aos Sres/as Concelleiros/as: retribucións brutas de 1.694,00 €/mes (en 12 pagas). Dedicación Parcial de 6  horas/día ou 30 horas/semana. Esta dedicación atribúese á Presidencia do Concello de Arbo que asume a representación última do Ente Local antes as diversas institucións e organismos públicos, asumindo a máxima responsabilidade na coordinación e dirección dos servizos municipais, especialmente nas áreas non delegadas, así como a dirección e coordinación de todos os servizos e concellerías delegadas.

Concellería delegada de Servizos Xerais, Servizos Sociais e Promoción da Igualdade, Sanidade e Educación atribuída á Concelleira e 1ª Tenente de Alcalde Dª Salomé Troncoso Vieitez: retribucións brutas de 1.694,00 €/mes (en 12 pagas). Dedicación parcial de 6 horas/día ou  30 horas/semanais. Esta área  será asumida pola referida Concelleira, tamén Primeira Tenente de Alcalde, que se encargará da coordinación e dirección dos servizos municipais en xeral, así como das áreas atribuídas, especialmente da área de servizos sociais nesta delicada  época onde o número de usuarios destes servizos aumenta, e tamén se encargará de dirixir  os servizos xerais  coa correspondente organización e  coordinación  do  persoal  municipal adscrito aos mesmos, supervisando os traballos realizados polo mesmo, e atendendo  de forma directa e canalizando as peticións e demandas  dos cidadáns do Municipio de Arbo neste ámbito.

Concellería delegada de Deportes, Áreas Recreativas e Parques e Xardíns atribuída á Concelleira  Dª Vicenta Rodríguez Cerdeira: retribucións brutas de 451,62 €/mes (en 12 pagas). Dedicación parcial de 1,6 horas/día ou 8 horas/semanais. Esta área  será asumida pola referida Concelleira, que se encargará da coordinación e dirección dos servizos municipais e áreas atribuídas, especialmente da área de deportes coa organización das actividades previstas e coordinación das mesmas coas diferentes asociacións ou colectivos municipais, e tamén se encargará de dirixir  os servizos adscritos a esta área   coa correspondente organización e  coordinación  do  persoal  municipal adscrito aos mesmos, supervisando os traballos realizados polo mesmo, e atendendo  de forma directa e canalizando as peticións e demandas  dos cidadáns do Municipio de Arbo neste ámbito, especialmente en relación co uso das diferentes instalacións deportivas das que dispón o Concello.

 

DELEGACIÓNS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E NO ALCALDE

 

Por razóns de eficacia e maior celeridade na resolución de determinados asuntos de interese público o Pleno acordou as seguintes delegacións das súas competencias:

*A delegación na Xunta de Goberno da totalidade das atribucións do Pleno que sexan susceptibles de delegación, e en concreto:

a) O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporacións nas materias de competencia plenaria (art. 22.2 j ) LRBRL).

b) A declaración de lesividade dos actos do Concello (art. 22.2 k) LRBRL).

c) A concertación das operacións de crédito e operacións de tesourería cuxa competencia corresponda ao Pleno Municipal, todo isto de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais (art. 22.2 m) LRBRL) e sempre e cando non requiran maioría absoluta conforme ao art. 47.2 l) da LRBRL.

d) As competencias como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de subministros, de servizos , de concesión de obra, de concesión de servizos, os contratos administrativos especiais e os contratos privados cando o seu valor estimado supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento e en calquera caso as contías de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as anualidades supere o porcentaxe indicado, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, e a contía sinalada ( Disposición Adicional 2ª da Lei 9/2017).

e) Así como a adxudicación de concesións sobre os bens das mesmas e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o orzamento base de licitación supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento e o importe de tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio cando o seu valor supere o porcentaxe e a contía indicados (Disposición adicional 2ª da Lei 9/2017). Exceptúanse neste apartado, ao non resultan delegables por requirir maioría absoluta ao abeiro do art. 47.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, as concesións de bens e servizos por máis de cinco anos e que superen o 20% dos recursos ordinarios do orzamento, e o alleamento de bens que exceda do 20% dos recursos ordinarios.

f) A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión ó Pleno, e cando aínda non estean previstos no Orzamento (art. 22.2 ñ) LBRL).

g) As demais que lle confiran as Leis ó Pleno, entre elas, a fixación ou establecemento dos prezos públicos e a aprobación dos expedientes de recoñecemento extraxudiciais de crédito.

*A delegación no Alcalde da solicitude de subvencións e aprobación do expediente e demais tramitación cando na norma de convocatoria da subvención se determine como órgano competente o Pleno Municipal.

*Estas delegacións inclúen inclúe á resolución dos recursos de reposición contra os actos ditados no exercicios das atribucións.

*As atribucións delegadas deberán exercerse pola Xunta de Goberno Local e polo Alcalde nos prazos e dentro dos límites desta delegación, sen que sexan susceptibles de ser delegadas en ningún outro órgano. No texto dos acordos adoptados en virtude desta delegación se fará consta de forma expresa esta circunstancia. Os acordos que se adopten por delegación, entenderanse ditados polo Pleno do Concello, como titular da competencia orixinaria.

ACORDO CREACION XUNTA DE GOBERNO LOCAL

 Constituída a nova Corporación municipal como consecuencia das eleccións locais celebradas o día 26 de maio de 2019 resulta necesario proceder ao establecemento da nova organización municipal.

Como queira que a Xunta de Goberno non é preceptiva nos Concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes, que é o caso deste Concello, a súa existencia acordouse  polo Pleno na sesión de organización e funcionamento, a cal deberá estar constituída por un número de membros non superior o terzo estrito do número legal de membros da Corporación que é de tres concelleiros, ademais do Alcalde-Presidente.

GRUPOS POLÍTICOS CONSTITUÍDOS NA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE ARBO E NOMEAMENTO DE VOCEIROS

-Partido Popular (P.P.), formado por D. Horacio Gil Expósito, Dª María Salomé Troncoso Vieitez, D. Raimundo Rodríguez Guntín, D. Raúl Rodríguez Álvarez, Dª Vicenta Rodríguez Cerdeira, Dª María Dolores Núñez Núñez, sendo voceiro titular do grupo político D. Raúl Rodríguez Álvarez, e voceira suplente Dª Salomé Troncoso Vieitez.

-Agrupación de Electores por Arbo (AGRELAR), formado por D. Xavier Simón Fernández, Dª Fabiola Durán Pedrosa, D. Luís Enrique Rodríguez Martínez, Dª María José Castro Fernández e D. Baltasar Vallejo Santos; sendo voceiro titular D. Xavier Simón Fernández e voceira suplente Dª Fabiola Durán Pedrosa.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011