Actividades Ler Conta

ARBO PROGRAMA CATRO ACTIVIDADES ESTE VERÁN PARA FOMENTAR A LECTURA NA súa BIBLIOTECA MUNICIPAL
Están incluídas no programa de dinamización da lectura, “ Ler  conta  moito”, da Xunta de Galicia
 
O  Concello de Arbo, incluído no seu programa Verán Cultural para estas vacacións, programa catro actividades na súa Biblioteca Municipal para animar á lectura a través de accións atractivas que pretenden contribuír á promoción da mesma como un vehículo de enriquecemento e aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir. Estas representacións realízanse en Arbo a través do programa “Ler  Conta  Moito”, promovido pola Secretaría  Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos.
 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011