ENTROIDO

BASES DO CONCURSO ENTROIDO VIRTUAL EN ARBO 2021

 

A ORDE da Consellería de Sanidade do 26 de xaneiro de 2021 establece medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

O Concello de Arbo, no seu interese por promocionar a gastronomía, a hostalaría, os deportes de aventura, as adegas e o comercio local e para poder contribuir a reactivación dun sector tan importante para o noso Concello e tendo en conta as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 acorda a realización do entroido virtual en Arbo 2021

 

1.- PRAZOS PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES E DAS FOTOGRAFÍAS

Dende o día 5 de febreiro ata o día 12 de febreiro ás 15.00h os interesados poderán enviar as fotografías ou vídeos ao correo habilitado ao efecto.

 

O día 13 de febreiro subiranse as fotografías e os vídeos de todos os participantes ao facebook do Concello de Arbo

 

Dende o día 13 de febreiro ás 15.00h ata o 15 de febreiro ás 15.00h abrirase o proceso de votacións aberta a todos os visitantes da páxina de facebook do Concello de Arbo nunha entrada creada para cada categoría na poderán dar o seu apoio á fotografía ou vídeo que máis lles guste a través da pestana “me gusta” da propia aplicación.

 

O día 17 de febreiro comunicaranse os gañadores do concurso de disfraces do carnaval 2021 na paxina web do Concello de Arbo e nas redes sociais oficiais.

 

2.- ESTABLECENSE AS SEGUINTES CATEGORÍAS:

a.- Mascarita individual (máis de 12 anos)

b.- Mascarita individual ( menos de 12 anos)

c.- Grupos conviventes


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011