Ordenanza P.A.I

 

A ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PAI (Punto de Atención á Infancia)

 

 

A  Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo do Punto de Atención á Infancia  é unha disposición administrativa  onde se especifican as normas que van regular ditas taxas, como: feito impoñible, suxeitos pasivos, beneficios fiscais (descontos), as tarifas a aplicar, noras de xestión tributaria, etc.

 

Esta Ordenanza  debe ir adaptándose aos cambios e as novas necesidades que van xurdindo, e  a taxa vén fixada polas diferentes Resolucións da Axencia Galega de Servizos Sociais pola que se actualizan os prezos das escolas infantís. A taxa actual está vixente dende novembro de 2015, polo que se fai necesario actualizala.

 

Seguindo o artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, da Lei do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, antes da súa presentación e aprobación no Pleno municipal debe realizarse unha consulta pública a través da web do Concello. Na que todos os veciños e veciñas de Arbo poden participar e presentar suxestións,  alegacións, etc.

 

Órgano propoñente:  Alcaldía

Data de publicación: 9 de decembro de 2019

Data de inicio de presentación de achegas:  10 de decembro de 2019

Data límite de presentación das achegas: 31 de decembro de 2019

Envío de observacións: educadora@concellodearbo.gal


 

Regulamento PAI

 

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO PAI (Punto de Atención á Infancia)

O Regulamento é un documento onde se especifican as normas de funcionamento, neste caso do servizo do PAI, existente dende o ano 2005 para todos os nenos e nenas de 0 a 3 anos do Concello de Arbo.

Este Regulamento debe ir adaptándose aos cambios e as novas necesidades que van xurdindo, de aí que sexa necesaria  a súa modificación.

Seguindo a Lei do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, antes da súa presentación e aprobación no Pleno municipal debe realizarse unha consulta pública a través da web do Concello. Na que todos os veciños e veciñas de Arbo poden participar e presentar suxestións,  alegacións, etc.

 

Órgano propoñente:  Alcaldía

Data de publicación: 25 de novembro de 2019

Data de inicio de presentación de achegas:  26 de novembro de 2019

Data límite de presentación das achegas: 10 de decembro de 2019

Envío de observacións: educadora@concellodearbo.gal

 

 

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO PAI (Punto de Atención á Infancia)

 

RECTIFICACIÓN

 

O  pasado 25 de novembro de 2019 iniciouse a consulta pública deste Regulamento, nela  aparece como data límite de presentación de achegas o día 10 de decembro, ao tratarse de 15 días hábiles dende a data de inicio, a data de finalización debe ser  o día 17 de decembro de 2019.

De aí a importancia da publicación desta rectificación, que queda da seguinte maneira:

 

Órgano propoñente:  Alcaldía

Data de publicación: 25 de novembro de 2019

Data de inicio de presentación de achegas:  26 de novembro de 2019

Data límite de presentación das achegas: 17 de decembro de 2019

Envío de observacións: educadora@concellodearbo.gal

 

Consulta Previa Praza Mercado

 

CONSULTA PÚBLICA PREVIA – TRÁMITES ABERTOS

NORMATIVA A CONSULTA: «REGULAMENTO MUNICIPAL DO MERCADO MUNICIPAL DE ABASTOS DE ARBO.

Os trámites de consulta pública previa teñen por obxeto recabar a opinión  de cidadans, organizacións e asociacións antes da elaboración dun proxecto normativo.

A continuación recollese as iniciativas e propostas normativas para as que se atopa aberta este trámite, indicando o titulo, a data na que finaliza, o prazo de consultas e o medio para realizar as aportacións.

ORGANO PROPOÑENTE: Concello de Arbo

DATA DE PUBLICACIÓN: 22 de novembro de 2019

DATA DE INICIO DE  PRESENTACIÓN DE APORTACIÓNS: 25 de novembro de 2019

DATA LIMITE PARA PRESENTACIÓN DE APORTACIÓNS: 16 de decembro

ENVÍO OBSERVACIÓNS: rexistro@concellodearbo.gal

 

Consulta Previa Ordenanza Piscina

CONSULTA PÚBLICA PREVIA – TRÁMITES ABERTOS

NORMATIVA A CONSULTA: “ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS PISCINAS MUNICIPAIS E DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL E OUTROS SERVIZOS ANÁLOGOS PRESTADOS POLO CONCELLO DE ARBO”.

Os trámites de consulta pública previa teñen por obxeto recabar a opinión  de cidadans, organizacións e asociacións antes da elaboración dun proxecto normativo.

A continuación recollese as iniciativas e propostas normativas para as que se atopa aberta este trámite, indicando o titulo, a data na que finaliza, o prazo de consultas e o medio para realizar as aportacións.

ORGANO PROPOÑENTE: Concello de Arbo

DATA DE PUBLICACIÓN: 22 de novembro de 2019

DATA DE INICIO DE  PRESENTACIÓN DE APORTACIÓNS: 25 de novembro de 2019

DATA LIMITE PARA PRESENTACIÓN DE APORTACIÓNS: 16 de decembro

ENVÍO OBSERVACIÓNS: oficinas.concellodearbo@gmail.com

Arquivos


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011