Cesión Tractor

O CONCELLO DE ARBO RECIBE DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL UN TRACTOR

O Concello de Arbo recibe da Conselleria do Medio Rural un Tractor dacordo o convenio asinado entre a Conselleria e o Concello de Arbo o pasado 1 de marzo de 2019.

O uso temporal do citado equipo (vehículo, desbrozadora e trituradora) (artigo 37.1 da lei 5/2011 de Patrimonio da Comunidade autónoma de Galicia, será destinado aós seguintes fins de utilidade pública e interese social:

  • Mantemento e limpeza da maleza nas infraestruturas rurais de titularidade municipal
  • Mantemento e limpeza de determinadas fincas pertencentes a masas común  de concentración/reestruturación parcelaria de titularidade do Concello
  • Mantemento e limpeza das redes secundarias de faixas de xestión de biomasa

 

Iluminación exterior Sostible

O CONCELLO DE ARBO, RECIBE UNHA ACHEGA PARA A EXECUCIÓN DO PROXECTO DENOMINADO “ILUMINACIÓN EXTERIOR SOSTIBLE II FEDER-EELL-2019-000-499”

O instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía ((IDAE), acaba de concedernos unha achega do 80% de fondos FEDER para a execución do proxecto denominado “iluminación Exterior Sostible II Feder-EELLL-2019-000-499”.

Estas axudas van destinadas as entidades locais para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economia baixa en carbono do IDAE no marco do programa operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.

Este proto presentouse  no segundo semestre do  2017. Nel están incluidas as actuacións de substitución dos puntos de luz existentes e das actuais iluminarias por Luminarias LED máis eficientes nas zonas que se indican dentro do termo municipal de Arbo.

O investimento elixible admitido polo IDAE para a realización das actuacións correspondentes no seu concello é de 99.595,76 €.-

De conformidade co “Acordo entre Beneficiarios”, asinado por este concello o Concello de Arbo e a Deputación de Pontevedra, con cargos aos seus propios fondos deberán achegar o 20% do investimento.

 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011