Concesión Subvención

Subvencións concedidas ao Concello de Arbo pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no marco da  “Convocatoria de subvencións a concellos destinadas á mellora dos montes mediante a creación de parques forestais” (BOPPO nº 66 de 04.04.17):

Este Concello tras solicitude presentada no marco  da Liña 1 da convocatoria do Ente Provincial para o ano 2017 resultou beneficiario das seguintes subvencións:

*Subvención por importe de 11.616,00 € para a redacción do proxecto para a creación do parque forestal de “Alto de San Fins”, cun orzamento total de 14.520,00 €. O contrato de servizos  para a redacción do referido proxecto ven de ser adxudicado neste ano 2018 á mercantil “LAGARES OCA S.L.” no importe de 12.000,00 €. Existen amplos Convenios de Colaboración asinados coas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Cabeiras e Sela, nos que se contempla o compromiso de ambas partes de garantir que dito parque forestal será destinado ao uso e lecer de toda a cidadanía, sendo de acceso libre, sen máis restricións que as que se xustifiquen no proxecto a redactar conforme á normativa de aplicación.

 

*Subvención por importe de 4.791,60 € para a redacción do proxecto para a creación do parque forestal de “Bouza de Miguel”, cun orzamento total de 5.989,50  €. O contrato de servizos para a redacción do referido proxecto foi adxudicado o pasado ano 2017 á mercantil  “SERVICIOS TÉNCICOS E OBRA DO RURAL S.L.” no importe de 5.989,50 €. Existe Convenio de Colaboración asinado coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Arbo, no que se contempla o compromiso de ambas partes de garantir que dito parque forestal será destinado ao uso e lecer de toda a cidadanía, sendo de acceso libre, sen máis restricións que as que se xustifiquen no proxecto a redactar conforme á normativa de aplicación.

 

Dáselle publicidade a dito  cofinanciamento recibido da Deputación Provincial de Pontevedra para ditos fins, cumprindo coas obrigas establecidas nas bases da convocatoria do ano 2017.

 

Becas fundacion Gil Davila ano 2018

 

CONVOCATORIA DE BECAS DE ESTUDO

 

O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, CONVOCA DEZ AXUDAS DE ESTUDOS DE  500,00€ cada unha.

Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no  presente curso 2.017/2.018  e que cumpran os seguintes requisitos: 

a) Estar empadroado no Concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca.

b) Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca. A estes efectos, non poderán ser beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que unicamente lles reste, para a obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecementos dun idioma estranxeiro.

b)  Estar matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial.

c) No caso do Master, só se terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional.

d) Non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

 

A Instancia de solicitude dirixirase ó Sr. Alcalde - Presidente do Concello de Arbo, acompañada da documentación establecida nas  Bases da convocatoria ( a disposición dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina  Web).

 

O prazo de presentación estará aberto dende o día  2  ata o día  30  de Outubro de 2017.

 

 

subvencións concedidas pola Deputación de Pontevedra

 

 

 

A Deputación Provincial de Pontevedra concede o Concello de Arbo 481,58 €.- para material informático concedido o abeiro das das bases do Plan Concellos 2017, dentro da Liña 2. – Pagamento de acredores de investimentos.

 

Núm.

Proveedor

CIF

Nº fact

Denominación

importe

1

IXO GALICIA

B2778331

311

Adquisición contenedores

834,90

2

CONTALOCAL

B36461242

1700012

Material informático

586,61

3

NEA

B15361348

0/01700114

Scanner

671,55

 

TOTAL                                                                                                                                      2.093,06 €

 

 

A Deputación Provincial de Pontevedra concede o Concello de Arbo 34.995,60€.- €.- ao abeiro das das bases do Plan Concellos 2017, dentro da Liña 2. – Pagamento de acredores gasto corrente  para

 

-       PAGAMENTO DE ACREDORES GASTO CORRENTE por importe total de 34.995, 60€.

 

 

 

PROXECTO PARA A INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO DE ARBO

SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

PARA A SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO CULTURAL E A MEMORIA

HISTÓRICA–ANO 2016 segundo o BOP nº 122, do martes 28 de xuño de 2016.

A deputación de Pontevedra financiou o “proxecto para Interpretación do Patrimonio de Arbo” polo importe de 2.020,70€ para a interpretación do patrimonio do Concello en tres lugares, a Capela de San Pedro de Granxa, a igrexa de Santa María de Sela Financiado pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011