ACHEGA PARA REFORMA DE VESTIARIOS CAMPO DE FÚTBOL

O CONCELLO DE ARBO, RECBE UNHA ACHEGA PARA “REFORMA DE VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL”, tras resolución de concesión de subvención da Deputación provincial de Pontevedra-  PLAN EXTRAORDINARIO DE INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS (PEID)

Orzamento: 33.268,59 € (IVE  do 21% incluído que ascende a 5.773,89 €)

obxecto do presente proxecto consiste na intervención funcional consiste en aproveitar os dous espazos de grandes dimensións destinados a almacén e despacho, para crear dous vestiarios máis, reducindo a superficie de almacén e despacho e resolver as filtracións de auga da fachada.

Estes vestiarios son máis reducidos que os existentes, pero seguen a mesma organización formal para facilitar o trazado e conexión ás instalacións de saneamento e fontanería existentes.

A intervención é o resultado de dúas necesidades:

a) Unha funcional: Dotar ao campo de futbol de máis vestiarios.

b) Unha construtiva: Resolver a patoloxía da entrada de auga pola fachada.

Ademais procédese a facer accesible un aseo de público dos xa existentes, xa que actualmente non cumpre normativa.

O obxecto do presente proxecto consiste na intervención funcional consiste en aproveitar os dous espazos de grandes dimensións destinados a almacén e despacho, para crear dous vestiarios máis, reducindo a superficie de almacén e despacho e resolver as filtracións de auga da fachada.

Estes vestiarios son máis reducidos que os existentes, pero seguen a mesma organización formal para facilitar o trazado e conexión ás instalacións de saneamento e fontanería existentes.

CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS E CREACIÓN DE SENDAS PEONÍS E/OU CICLABLES NOS CONCELLOS DA REDE ÁGORA.(Expte. 2022023348)

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS E CREACIÓN DE SENDAS PEONÍS E/OU CICLABLES NOS CONCELLOS DA REDE ÁGORA.(Expte. 2022023348)

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN CON SOGAMA

O CONCELLO DE ARBO, ASINA UN CONVENIO CON SOGAMA PARA AS OBRAS DE  “RED DE SANEAMIENTO EN PONTE CABALEIROS (CARRETERA AUTONÓMICA PO-400, ENTRE EL P.K. 16+810 Y EL P.K. 17+315, EN EL CONCELLO DE ARBO”

 

O Concello de Arbo e SOGAMA asinaban un  Convenio de Colaboración en data 17.02.2023 por importe de 150.000,00 € (impostos engadidos), para a realización de obras de “Rede de saneamento en Ponte Cabaleiros (Estrada Autonómica PO 400 ente o P.Q. 16+810 e o P.Q. 17+315)”,  obras de interese público relacionadas co medio ambiente na contorna do Concello; sendo rexistrado dito Convenio debidamente asinado o día 24.02.2023 (Rexistro de entrada nº 357).

“CREACIÓN DUN ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE ARBO ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR URBANA E FOMENTANDO A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO”

O Concello de Arbo, recibe unha achega para a  “CREACIÓN DUN ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE ARBO ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR URBANA E FOMENTANDO A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO”, tras concesión de subvención do 100% da actuación por Resolución  de 06.11.2023 da Dirección  Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA Cambio Climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2023 (código de procedemento MT975O) (D.O.G., Nº 104, de 2 de xuño de 2023).

Importe do contrato: 20.000,00 € (IVE do 21% incluído que ascende a 3.471,07 €).

O Concello de Arbo é un dos concellos adheridos formalmente ao Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía, aprobado pola Comisión Europea o 15 de outubro de 2015, antes da solicitude da axuda.

Obxecto do contrato:

Coa actuación proposta preténdese crear un espazo público atenuando o efecto illa de calor urbana e fomentando a adaptación ao cambio climático. Para elo, executarase unha zona sombreada naturalmente con arbolado, unha senda e zonas de descanso. As actuacións a realizarán consistirán en:

  • DESBROCE E LIMPEZA DO TERREO: Desbroce e limpeza do terreo con medios mecánicos.
  • ESCAVACIÓN DE TERRAS A CEO ABERTO PARA CAXEADO: Almacenamento do terreo a unha profundidade de 0,4 metros en terreo de tránsito compacto, con medios mecánicos, e carga de camións.
  • SENDA: Grava artificial, fusos (40) / (25), en capas base de 20 cm. de espesor, con caras de fractura do 60%, colocadas, estendidas e compactadas, incluída a preparación da superficie de asento.
  • XARDINERIA E COLOCACIÓN DE MOBILIARIO E ELEMENTOS INFANTIS

A actuación proposta para “CREACIÓN DE ESPAZO DE OCIO ACUÁTICO FOMENTANDO ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR”, contribúe cos seguintes obxectivos e liñas da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050: Aumentar a resiliencia ao cambio climático.

Consiste no incremento da resiliencia ante o cambio climático dos sectores e actividades transversais. Inclúe liñas destinadas a fomentar unha estrutura territorial máis resiliente e con capacidade de adaptación, así como liñas específicas orientadas cara aos recursos naturais, a poboación e a auga e Reducir a vulnerabilidade do territorio ante os riscos xerados polo cambio no clima.

 

 

 

 

 

 

 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011