Servizo Gratuito psicoloxico

ARBO OFRECE SERVIZO PSICOLOXICO TELEFONICO GRATUITO ANTE A CRISE DO CORONAVIRUS

  • O Servizo de Asesoramento Psicoloxico Individual e Familiar do concello de Arbo, atenderá ás persoas que o precisen, en especial ás máis vulnerables.
  • O servizo Gratuito, esta enmarcado dentro das medidas adoptadas polo concello de Arbo durante esta crise sanitaria

 

  • O Concello, tamén esta dando pautas e consellos aos país e nais a través das redes sociais co programa “O Rincon de país e Nais”

O Concello de Arbo pon a disposición dos veciños e veciñas de Arbo, o Servizo  de Asesoramento Psicolóxico individual e familiar municipal  para prestar asistencia psicolóxica TELEFONICA,  a aquelas persoas que o precisen, en especial ás máis vulnerables, e así  atender as consecuencias psicolóxicas derivadas das restricións do Estado de Alarma e da situación de emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Este servizo de atención PSICOLOXICA TELEFONICA GRAUITA estenderase  durante o prazo no que se manteña o estado de alarma.  Para máis información deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Arbo  a través dos teléfonos  986 66 50 00 -  627 459 808 ou   650 474 757

 

O Concello de Arbo, a través das redes sociais, puxo en marcha o programa “O Rincon dos Pais e Nais”, donde cada día se suben  consellos,  pautas  ou recomendacións para os país e nais dos cativ@s arvenses, que nestes días están vivindo unha situación moi difícil e en moitos casos incomprensibles por eles. 

O esforzo humano,  o traballo deste goberno municipal e a mobilización dos recursos municipais está sendo moi intenso para o coidado das persoas máis vulnerables e, por suposto, as nosas persoas maiores e dependentes son unha das prioridades absolutas – manifesta o alcalde Horacio Gil

 

Area de Comunicación do Concello de Arbo

 

Reparto das primeiras 1000 mascarillas cositas polos arbenses

ARBO REPARTE MASCARILLAS  ENTRE A POBOACIÓN CONFECCIONADAS POR VOLUNTARIAS ARBENSES.

 

  • Os veciños e veciñas de Arbo, comezaron a recibir as primeiras mascarillas gratis na súa casas
  • Estas mascarillas están destinadas a atender as necesidades do noso Concello, para toda a poboación e de todos aqueles colectivos ou asociación da comarca que o precisen.

 

  • TECENDO SOLIDARIEDADE EN ARBO, porque Arbo é unha vila Solidaría

 

 

Ante o aumento da demanda de material de protección contra o Coronavirus e das dificultades para conseguir e cubrir as necesidades existentes que hai do mesmo tanto en Arbo como en toda España, o Concello de Arbo puxo en marcha unha iniciativa coa colaboración veciñal para a confección mascarillas reutilizables, a partir de tea de uso sanitario financiado polo Concello de Arbo.  

 

Dende o pasado xoves día 16 de abril as primeiras 1000 mascarillas confeccionadas polos veciños e veciñas de Arbo que participan no programa “Tecendo Solidaridade en Arbo”, estanse a repartir entre os colectivos máis vulnerables.  A medida que se vaian confeccionando máis seguiran repartindose ata cubir todas as necesidades dos arbenses.

 

Estas mascarillas estan destinadas a atender as necesidades do noso Concello e de todos aqueles colectivos ou asociación da comarca que o precisen.

 

Para  levar a cabo este proxecto, o Concello achegará as teas á casas dos veciños e veciñas que o soliciten, e será tamén o propio Concello o encargado de recoller o material rematado. Se alguén se quere anotar todavía esta a tempo, chamando o teléfono 986 66 50 00 de luns a venres de 9 a 14:00 horas ou enviar un correo a oficinas.concellodearbo@gmail.com

 

Horacio Gil, alcalde de Arbo, O programa “Tecendo Solidariedade en Arbo”, unha iniciativa do Concello de Arbo e  financiada con fondos propios e levada a cabo grazas á colaboración veciñal da que forman parte máis de 40 costureiras arbenses. Este programa esta sendo un éxito e én 5 días, conseguiron tecer 1000 mascarillas, que xa se empezaron a repartir entre os colectivos máis vulnerables – informa Horacio Gil. Este colectivo veciñal, esta a deseñar un patrón para coser tamén para os máis cativos de Arbo. Como alcalde e veciño de Arbo, reitero o meu orgullo de representar ás veciñas e veciños desta vila, que unha vez máis demostran a súa solidariedade nun tempo tan complicado como é esta crise sanitaria – Remata dicindo o alcalde.

 

Area de Comunicación do Concello de Arbo

Sevizo Gratuito de Taxi

SERVIZO DE TAXI GRATUITO PARA LOITAR CONTRA O CORONAVIRUS

 

  • O Concello de Arbo dende o pasado mes de marzo, ofrece servizo gratuito de taxis para os arbenses que o precisen.

 

  • O Servizo de taxi gratuíto, segue en activo ata que a crise sanitaria dure.

 

  • Os gastos deste servizo será asumido polo Concello de Arbo, con cargo os seus orzamentos.

Unha vez decretado o Estado de Alarma polo goberno do Estado dende o 14 de marzo ata o 11 de abril de 2020, e para dar cumprimento por parte do Concello de Arbo a Atención Domiciliaria que xurde ante a crisis polo Covid-19 e facilitar aos colectivos máis vulnerables, como son as persoas maiores, o Concello de Arbo puxo en Marcha o Servizo de Taxis Gratuito para aqueles que o precisen.

 

Para as persoas de máis de 70 anos ou que se atopen nunha especial situación de vulnerabilidade, por resolución da alcaldía procedeuse a comunicar a todos/as os/as taxistas de Arbo  que esten dispoñibles de maneira GRATUITA, para  realizarlles a compra nos supermercados máis cercanos e nas farmacias do Concello e levarllo as súa vivendas.

Os gatos ocasionados polo servizo de taxis serán asumidos polo Concello de Arbo, con cargo aos seus orzamentos

 

Somos conscientes do esforzo que supón para todos e todas o mantemento de duras medidas que seguen a condicionar de maneira extraordinaria o noso día a día. Este esforzo sigue a ser hoxe máis necesario ca nunca, especialmente, polas persoas máis vulnerables, polos nosos maiores. Eles construíron o Arbo que coñecemos e desfrutamos, superando tempos moi difíciles, adversidades e traballando arreo, con escasos recursos e pasando moitas necesidades- manifesta o alcalde do Concello Horacio Gil, e así o reflexou no comunicado trasmitido aos  veciños e veciñas de Arbo. - Hoxe, cando deberían estar desfrutando do merecido descanso e de todo o conseguido, están a sufrir o ataque despiadado deste virus. É a nosa responsabilidade protexelos- remata Horacio Gil, que ademais  pide que se leven a cabo as medidas aplicadas polas autoridades sanitarias, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.

 

Area de Comunicación do Concello de Arbo

 

Reparto mascaras protectoras ao comercio Local

O CONCELLO DE ARBO COMPRA PANTALLAS PROTECTORAS QUE REPARTE ENTRE OS COLECTIVOS E O COMERCIO LOCAL DE ARBO

  • O Concello de Arbo adquire con fondos propios máscaras protectoras que repartiu entre os traballadoras de Axuda no Fogar, Servizos Socias e persoal de servizos varios
  • O alcalde Horacio Gil, repartía, ademais pantallas entre o persoal do Centro de Saúde, técnicos do 061, Garda Civil, Correos, Taxistas,  Praceiros e ao persoal do comercio local que ten que permanecer aberto.
  • O Concello de Arbo, xa repartiu xel desinfectante e luvas aos comercios arbenses ao principio desta crise sanitaria

A distribución de pantallas protectoras para previr o contaxio do coronavirus xa chegou aos establecementos comerciais que permanecen abertos en Arbo, tamén ao persoal sanitario do centro de saúde, correos, garda civil, persoal municipal e taxistas para prover a eses colectivos que teñen a obriga de prestar servizos considerados esenciais.

O reparto aos comerciantes foi realizado polo alcalde, Horacio Gil, que quixo coñecer en primeira persoa como viven os comerciantes este momento tan duro para todos, pero especialmente para eles que teñen que estar en continuo contacto con a cidadanía – informa o rexedor. Nestes momentos ante o aumento da demanda de material de protección e das dificultades para conseguir cubrir as necesidades existentes, o Concello quere colaborar na protección de todos os veciños e veciñas, do persoal dos comercios, do persoal municipal, dos técnicos do 061... posto que son os que máis expostos están  neste momento – remata o alcalde Horacio Gil

OUTRAS MEDIDAS CONTRA O CORONAVIRUS

O Concello segue coa desinfección semanal de todas as parroquias, co servizo de taxis gratuíto, a atención aos colectivos vulnerables as 24 horas, limpeza de contedores e desinfección de vehículos e locais municipais, entre outras.

O Concello de Arbo tamén repartiu o  material educativo primaria despois das conversas mantidas coa dirección do CEIP Antonio Carpintero,.

 

Arbo intensifica os servizo de desinfección

ARBO INTENSIFICA A DESINFECCIÓN DO MOBILIARIO URBANO, CONTEDORES E NÚCLEOS DE POBOACIÓN

 

Arbo a 31 de marzo de 2020.-

  • Son tres en total ás adegas de Arbo, As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal, as que puxeron maquinaria e persoal para seguir coa desinfección. O alcalde Horacio Gil, coordina e supervisa os traballos de desinfección xunto co persoal das adegas e os voluntarios.

  • O persoal municipal está levando a cabo a desinfección dos contedores de lixo de todo o concello, locais municipais, praza do mercado e facendo un seguimento a todos os colectivos máis vulnerables de Arbo, entre outras medidas adoptadas.

 

O Concello de Arbo intensifica estes días a desinfección das rúas, zonas de paso dos veciños e veciñas, parques, xardíns…. coa finalidade de minimizar o risco de infección por coronavirus. Estas tarefas realizadas coa colaboración de tres adegas de Arbo, As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal lévanse a cabo seguindo os protocolos establecidos,  supervisados e coordinados polo alcalde, Horacio Gil

 

As Laxas,  Marqués de Vizhoja  e Pazo Pondal, seguen colaborando  co Concello de Arbo na aplicación de produtos desinfectantes nas rúas, marquesiñas e lugares onde existe máis concentración de persoas e que se fixo extensible aos núcleos de poboación de todas ás parroquias. O venres Marqués de Vizhoja desinfectaba os núcleos da parroquia de Cequeliños, Mourentán e o barrio de San Xoan, o sábado e domingo Pazo Pondal actuaba nas parroquias de Cabeiras e Barcela e o luns  As Laxas, continuaba coa desinfección da parroquia de Sela.

 

AGRADECEMENTO DO ALCALDE AOS VOLUNTARIOS, ADEGAS,  PERSOAL MUNICIPAL, SUPERMERCADOS, TENDAS E A TODOS OS ARBENSES

 

Horacio Gil,  agradeceu a través dun comunicado a todos os que durante estes difíciles momentos ofreceron e ofrecen a súa axuda; aos voluntarios,  ás adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques…chegando ao máximo de núcleos de poboación,  un traballo complicado, tendo en conta que Arbo é un concello rural con máis de 370 quilómetros de rede viaria e núcleos moi dispersos; ao persoal dos supermercados e tendas de alimentación, das farmacias, dos quioscos, aos panadeiros, aos carniceiros, aos transportistas, aos taxistas, ao persoal das oficinas bancarias,  aos agricultores e aos adegueiros,  a toda a corporación municipal, ao persoal municipal dos diferentes servizos, aos servizos sociais e do SAD que están a desenvolver as tarefas necesarias para que  os colectivos máis vulnerables e as persoas maiores do noso concello dispoñan das mellores condicións e non saían das súas vivendas, facendo que para eles este confinamento sexa o máis tranquilo e o máis levadeiro posible  e  a todos aqueles traballadores e traballadoras de todos os sectores que conseguen  co seu esforzo, responsabilidade e espírito de sacrificio, que esta crise sanitaria sexa máis soportable para todos.

 

Horacio Gil, remata  agradecendo especialmente ás adegas As Laxas, Pazo Pondal e Marqués de Vizhoja  a súa disposición e colaboración, así como tamén a todos e todas os voluntarios e voluntarias que participan nas labores de desinfección.

                                                                                                                             

 

Plan de desinfección contra o Coronavirus

O CONCELLO DE ARBO ELABORA UN PLAN DE DESINFECCIÓN EN TODO O MUNICIPIO COA COLABORACIÓN DE EMPRESAS DE ARBO

  • O Concello de Arbo, leva traballando dende o pasado sábado na desinfección das rúas do casco urbano e das zonas de máxima afluencia nas parroquias.

  • O concello de Arbo está a realizar estes traballos de desinfección coa colaboración de Adegas As Laxas e Adegas Marqués de Vizhoja, que puxeron a disposición do Concello a maquinaria e o persoal necesario para acometer estes traballos de hixienización en todo o municipio.

 

  • O persoal municipal está levando a cabo a desinfección dos contedores de lixo de todo o Concello.

  • O Concello de Arbo, está a adoptar diferentes medidas a favor dos colectivos máis vulnerables. Por resolución da alcaldía, púxose a disposición de todos os arbenses que se atopen dentro do colectivo de persoas vulnerables o servizo de taxis gratuíto para a realización de compras en supermercados e farmacias.

As  adegas arbenses  As Laxas e Marqués de Vizhoja puxeron a disposición do Concello de Arbo a súa maquinaria e persoal para colaborar co Concello de Arbo na aplicación de produtos desinfectantes nas rúas, marquesiñas e lugares onde existe máis concentración de persoas. Estes traballos de desinfección comezaron o sábado por  todo o casco urbano, seguiron onte polo barrio da Estación e a Estación de Renfe, a parroquia de Barcela, incluído o parque empresarial, a parroquia de Sela continuando hoxe polas restantes parroquias. Mañán volverá a facerse a desinfección pola tarde en todo o casco urbano e todas as súas rúas, e seguirase o mesmo plan nas diferentes parroquias.

O alcalde Horacio Gil, está coordinando, supervisando e acompañando en todo momento ao persoal voluntario das adegas e asegura que se trata dun operativo máis de prevención, que se seguirá levando a cabo mentres siga a crise sanitaria. O concello de Arbo, continuará aplicando todas as medidas que estean ao noso alcance para loitar contra o Covid-19.

Horacio Gil, considera que todas as medidas que se tomen nun momento de tanta urxencia son necesarias, e agradece as adegas As Laxas e a Marqués de Vizhoja  a súa disposición e colaboración, así como tamén a todos e todas os voluntarios e voluntarias, ao persoal municipal e a todos os veciños e veciñas de Arbo, pola súa colaboración e solicita que por favor sigan as indicacións facilitadas polas autoridades sanitarias, o Sergas, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.

                                                                                                                             

 

Area de Comunicación do Concello de Arbo

 

O Concello de Arbo suspende a Festa da Lamprea

 

O CONCELLO DE ARBO SUSPENDE TODAS AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA OS VINDEIROS MESES , INCLUIDA A FESTA DA LAMPREA ANTE A CRISE SANITARIA QUE SE ESTA A VIVIR.

 

  • O Concello de Arbo apraza a Marcha BTT da Lamprea, a V Andaina da Lamprea, a Gala da Lamprea, o VIII Certame de Corais e a LX Festa da Lamprea, tamén se suspende o Campamento de Semana Santa

 

  • A atención aos maiores e aos colectivos máis vulnerables, facendolles a compra ou levándolle os medicamentos,  a desinfección das rúas, marquesiñas, praza de abastos, información aos colectivos… Son algunhas da medidas que se están a adoptar  dende os servizos municipais.

 

  • O Concello de Arbo xa adoptara como primeira medida axilizar o pago aos provedores do Concello para que poidan manter a súa actividade empresarial.

 

  • O Concello de Arbo, seguira adoptando máis medidas de hixiene e desinfección e información durante estes días para facer fronte a esta situación de emerxencia Sanitaria e Recorda a importancia de cumprir coas medidas recomendadas polos servicios sanitarios, pola Xunta de Galicia e do Goberno de España.

 

  • O concello de Arbo solicita e agradece o máximo cumprimento e a colaboración na aplicación de todas as medidas adoptadas

 

 

A situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19 supuxo a adopción de medidas de contención extraordinarias. O Concello de Arbo xa tomaba as primeiras medidas días antes da declaración do Estado de Alarma. O Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea “Arabo”, a Biblioteca Municipal e o  Punto de Atención a Infancia foron pechados, suspendéronse todas as actividades que desenvolvían asociacións culturais, deportivas ou colectivos nas instalacións municipais, pecháronse espazos de xogo infantil, o auditorio, o pavillón, os recintos deportivos, os parques, as áreas recreativas e suspendeuse o mercado do mércores.

 

O Concello de Arbo recorda a importancia de cumprir coa aplicación das medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, pola Xunta de Galicia e polo Goberno de España.

 

O alcalde, Horacio Gil, manifesta que “non é momento para festas ou lecer. Coa crise do coronavirus o Concello de Arbo, ten outras prioridades máis inmediatas. A atención aos maiores e aos colectivos máis vulnerables, a desinfección das rúas, marquesiñas, praza de abastos, colocación de desinfectante de máns na praza de Abastos, dar información a tódolos colectivos e informar aos veciños e veciñas de Arbo,, son algunhas das medidas que se están a adoptar dende os servizos municipais, sempre coa finalidade de protexer o benestar dos veciños e veciñas de Arbo.

 

Toda a actividade suspendida traerá consecuencias; os meses de febreiro, marzo, abril e maio son a temporada da lamprea en Arbo e cando máis traballan os nosos servizos de hostalaría. Durante a época e pesca da Lamprea e cando máis traballan os restaurantes, casa de turismo rural en todos os demais sectores de turismo de Arbo,  o que supón unha perda económica moi importante para este concello.

Unha vez que saiamos desta crise sanitaria, o Concello de Arbo valorará xunto con todos os sectores afectados por esta crise e valorar cantas iniciativas sexan necesarias e que dentro das posibilidades e competencias municipais, podamos axudar e dinamizar a economía local e para favorecer a recuperación e reactivación económica do noso Concello.  Xa estamos traballando  nas medidas necesarias para poder axilizar ao máximo o pago aos provedores, para colaborar coa continuidade da súa actividade empresarial, tratando de minimizar ao máximo os problemas de liquidez que esta crise lles puidera ocasionar e tratar de manter os postos de traballo.”

 

O rexedor agradece a todo o persoal dos servizos municipais do Concello de Arbo, en especial a servizos sociais e ao SAF, que están reforzando o servizo e complementando con outras medidas que adoptou o concello como facerlle a compra de alimentos ou de medicinas aos sectores maiores e máis vulnerables. Tamén agradecer os veciños e veciñas e as empresas de todos os sectores que se puxeron en contacto para ofrecer ao Concello os seus servizos e a tódolos arbenses que están a cumprir as medidas establecidas pola Xunta de Galicia e o Goberno de España.   

 

 

Visita Universitarios del Basque Culinary Center

UNIVERSITARIOS DO BASQUE CULINARY VISITAN ARBO PARA CONOÑECER O MUNDO DA LAMPREA

  • O pasado 10 de marzo alumnos e alumnas do Basque Culinary Center visitaban Arbo, para coñecer os segredos da Lamprea de Arbo
  • A Basque Culinary Center, e a primeira universidade española especializada en Gastronomía e artes culinarias

 

Un ano máis os alumnos e alumnas do Basque Culinary Center, viñeron descubri este manxar que caracteriza Arbo. A Lamprea de Arbo acompañada dos afamados viños con denominación de orixe Rias Baixas deixan pegada sempre.

Os univertarios do Basque Culinary Center, acompañados polo alcalde do Concello de Arbo,  puideron coñecer de primeira man con cociñeiros arbenses que coidan con esmero a tradición da preparación da lamprea, a pesca da lamprea, a forma de cociñala e a degustación en todalas súas maneiras de preparación.

Adxudicación redacción proxecto abastecemento

A XUNTA ADXUDICA A REDACCIÓN DO PROXECTO DA 2ª FASE DA MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO NO CONCELLO DE ARBO

 

  • O contrato, cun investimento de máis de 18.000 euros, ten como obxectivo  definir o deseño construtivo para a rehabilitación do bombeo de captación, impulsión, tratamento e conexión entre os depósitos do Couto e Arbo
  • O proxecto dálle continuidade á 1º fase do estudo realizado para a mellora xeral do sistema de abastecemento neste municipio, e que desenvolve a nivel construtivo a impermeabilización de varios depósitos e a instalación de equipamentos
  • Augas de Galicia mantén o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento

 

Arbo , 2 de marzo de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto da 2ª fase da mellora do sistema de abastecemento, no Concello de Arbo.

Este contrato, cun investimento autonómico de máis de 18.000 euros, foi adxudicados á empresa Ingenia Proyectos Técnicos, S.L.   

Os traballos a realizar consisten na redacción dun proxecto construtivo para proseguir co desenvolvemento do abastecemento de Arbo, que inclúa a renovación do bombeo principal, nova tubaxe de impulsión ao Couto de maior diámetro, nova estación de tratamento de auga potable, e nova conexión entre o depósito do Corgo e o de Arbo.

Este actuación dálle continuidade á 1º fase do estudo realizado a pasado ano por Augas de Galicia para a mellora xeral do sistema de abastecemento neste municipio.

No mesmo realizouse un estudo de alternativas, nas que se inclúe as propostas de intervención obxecto deste contrato. Tamén permitiu o desenvolvemento a nivel construtivo e, coma primeira fase, a impermeabilización de varios depósitos e a instalación de determinado equipamento para o control do caudal servido e do cloro libre na auga potable.

Con estas actuación, o organismo hidráulico da Xunta atende á petición de colaboración do Concello de Arbo. O mesmo, ante os problemas no sistema de abastecemento municipal, solicitou a colaboración para a mellora da rede, encamiñada a asegurar o subministro estival, a reducir as importantes perdas de caudal e a optimizar os depósitos.

Augas de Galicia mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

 

Visita Directora Xeral de Xuventude

Política Social escoita  as propostas da mocidade  de Arbo en materia de xuventude

Esta é a segunda visita que a Directora Xeral de Xuventude realiza a Arbo

Cristina Pichel tamén informou a mocidade que asistiu o encontro de programas e actividades que poden ser do seu interese.

Arbo a 25 de febreiro de 2020

A Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou o Concello de Arbo donde mantivo un encontro no día de onte coa mocidade no Salón de Plenos da Casa Consistorio  para coñecer as súas propostas con motivo de seguir mellorando os programas e actuacións dirixidas a xente xove.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, informou os presente dalgunhas melloras que se foron introducindo e que afectan a este colectivo como son que o carné xove pode solicitarse nas dependencias municipais, que o carné permite o desconto do 50% na entrada da piscina, así como en outros cinco establecementos máis do concello como son LIBRERÍA ARCOIRIS, LIBRERÍA CAPRICHOS, que ofrecen un 10% de desconto en material escolar, ALBERGUE O COTO, con un 7% en habitacións e casa completa, agás tempada alta, ARREPIÓNS VAGUADA  e AVENTURA, empresas de deportes de aventura que ofrecen un 10% en actividades deportivas no río Miño. O rexedor tamén comunicou que se esta xestionando a posibilidade de unha oficina de información xuvenil e de organizar cursos e outras actividades durante este ano.

 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011