Mesa Local de Coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero (MCL)

Que é?
 
Unha mesa local de coordinación interinstitucional é un instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de procurar una maior eficiencia da resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón a violencia de xénero.
 
Obxectivos
 
O obxectivo xeral da MLC é promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero.
Como obxectivos específicos:
 
1. Mellorar a detección precoz de casos de violencia de xénero.
2. Optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero.
3. Ofrecerlles unha atención e unha resposta áxil ás vítimas.
4. Mellorar a protección daquelas que presenten alto risco.
5. Informar e sensibilizar na materia tanto os profesionais como a poboación en xeral.
 
Composición da MLC
 
Na MLC debe haber representación de todos os axentes que dentro do ámbito local estean involucrados, directa ou indirectamente, na materia.
 
A presidencia da Mesa debería asumila o/a alcalde/sa do concello, ou o/a concelleiro/a en quen delegue, e a secretaría asumila a persoa técnica que se designe por parte da concellaría competente en materia de violencia de xénero.
No concello de Arbo a MLC está composta por:
 
Presidencia
- O alcalde Horacio Gil Expósito.
 
Secretaría
- A técnica competente en Violencia de Xénero: a técnica de intervención familiar Ana Mª Domínguez Márquez.
 
Vogalías
- Concelleira de Servizos Sociais e Promocións da Igualdade: Salomé Troncoso Vieitez.
- Garda Civil: o sarxento Jose Diéguez González.
- Centro educativo: o director Javier Rodríguez Pérez
- Servizos sanitarios: o médico J. Ignacio Mena Cao.
- Servizos sociais: a traballadora social Mar Sousa Alfaya.
- Outros axentes: a psicóloga María Martínez Conde.
 
A MLC pode ampliar a representación a outras entidades, ben de forma estable ou ocasional, en razón da oportunidade.

 

Arquivos

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011