Convocatoria Rueda de Prensa

 

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, acompañado do Subdelegado de Defensa de Pontevedra, Ángel de Miguel Campos, do Coronel da BRILAT, Pedro Sánchez Herráez e do alcalde da veciña localidade de Crecente, Julio César García-Luengo, presentaron hoxe no Salón de Plenos da Casa Consistorial o solemne acto de Xura de Bandeira Civil que se celebrará o vindeiro domingo 15 de abril no campo de fútbol municipal arbense, que contará coa presenza do Reximiento de Infantería Isabel la Católica nº29, con base en Figueirido, Pontevedra, así como unha Compañía de Honores, Guiones e Banderines e a "Banda de Guerra" da BRILAT "Galicia VII".

 

O alcalde, Horacio Gil, quixo manifestar o seu honor por poder celebrar este acto no municipio que el representa, mostrar o seu agradecemento á BRILAT, polo seu compromiso e implicación, e ao Ministerio de Defensa, por prestar a súa conformidade. Tamén quixo invitar a participar da xornada a todos os veciños de Arbo, Crecente e de toda a comarca do Condado-Paradanta.

 

O Subdelegado de Defensa de Pontevedra, o Coronel Ángel de Miguel Campos, trasladou aos presentes o seu orgullo e os dos seus compañeiros por vir a Arbo a desenvolver este importante acto que pretende dar a coñecer á sociedade a importacia da cultura de seguridade e defensa, a súa utilidade e os valores das Forzas Armadas, compromiso representado polo xuramento ou promesa á Bandeira por parte de persoal civil, que manifesta a súa responsabilidade solidaria coa defensa de España.

Para rematar a presentación, o Coronel Jefe do Reximiento de Infantería Isabel la Católica, Pedro Sánchez Herráez, explicou os pormenores da cerimonia e trasladou o honor que para eles supoñía desenvolver un acto tan cargado de simbolismo e emotividade nesta localidade, xunto cun homenaxe aos caídos para honrar aos que nos precederon, posto que grazas a ao seu esforzo e sacrificio desfrutamos en España das condicións que eles xeneraron ao longo dos siglos. Destacou na súa intervención que se trata dunha xornada importante e significativa, na que 170 civís se comprometeron a dar un paso máis na defensa de España.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011