Sinatura Convenio con Medio Rural
CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE ARBO PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE INFRAESTRUTURA RURAL para PAVIMENTACION DOS CAMIÑOS DE ACCESO O LUGAR DE MERELLE (CABEIRAS) E PORTA FEITO (SELA)
Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil, actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación dos camiños de acceso ao lugar de Merelle e Porta Feito”
As obras, consisten en alargar o camiño de acceso a Merelle, ata alcanzar un ancho medio de 5,00 m., para posteriormente dotalo dunha capa de rodadura con mestura bituminosa en quente. Todo iso nunha lonxitude total de 373,00 metros lineais e dotar dunha capa de rodadura con mestura bituminosa en quente ao camiño de acceso a Porta Feito, en 185 ml, o cal se atopa actualmente en saburra. Completarase a actuación sobre o camiño, coa instalación dun sinal de STOP, e o pintada das marcas viarias de bordo de 15 cm de ancho