Obras no Parque Empresarial de Arbo

APROBADA A RESOLUCIÓN QUE INICIA AS OBRAS DE MELLORA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE ARBO

Á vista do expediente que se tramitou en febreiro de 2018 perante a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a obtención dunha subvención de 30.695,82€ - para a actuación denominada “Melloras no Polígono Industrial de Arbo”, no marco de subvención para habilitación e mellora de infraestruturas do parque empresarial,  ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2017 da Consellería de Economía, Emprego e Industria polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia,  se procede a súa convocatoria para o ano 2018 publicada no DOG 12 do 17.01.2018.

Na memoria do proxecto técnico indícase que con estas obras no parque empresarial continuase por parte do Concello cunha serie de melloras nos servizos e infraestruturas que o Concello de Arbo esta realizando en favor das mesmas para a dinamización do medio rural.

O motivo das obras a realizar é o mal estado do Polígono Industrial de Arbo sito na parroquia de Barcela, para dotarlle de maior seguridade e co obxectivo de dinamizar o asentamento de empresas é necesario o remodelamento deste espazo publico.

A actuación a realizar é a mellora das beirarrúas, con obras que consistirán no fresado da pintura existente en mal estado, sobre as beirarrúas de formigón e un posterior tratamento superficial con dobre capa de slurry asfáltico con acabado coloreado.

Ademais  tamen recibiuse o abeiro da mesma orde una  subvención de 6.502,53€ -  para a actuación de seguridade no polígono.

O motivo das obras a realizar é a seguridade do Polígono Industrial, instalando dúas cámaras de vídeo vixilancia e un vídeo gravador con disco duro , entre outras medidas.

Remate obras da Piscina

Arbo finaliza as obras de acondicionamento das súas piscinas municipal

O  Concello de Arbo finalizou as obras de melloras e adecuación das piscinas municipais e o seu recinto. Unhas actuacións adxudicadas por 79.482 euros e que incluen unha pequena praza con pavimento de formigón e zona axardinada. Esta executouse cunha pendente mínima cara ao viario e está delimitada con bolardos para evitar que sexa invadida polos automóbiles.

Así mesmo, construiuse unha caseta de dimensións mínimas, cuxa  envolvente achega transparencia e lixeireza á construción. Tamén conta cun peche para delimitar as súas distintas zonas, o que permitirá un funcionamento conxunto ou independente das dúas piscinas.

As obras no recinto tamén inclúe un peche que dá acceso ao recinto e a delimitación entre zona de piscina e zona deportiva de xogos. Un peche  modulado cunha disposición irregular dos seus elementos, con portas  correderas de amplas dimensións igualmente para que se poidan comunicar as distintas zonas.

Tamén se aplicou un lavado a alto presión, cepillado e lixado e unha posterior capa de pintura lisa de cor negra á pérgola encostada ao edificio de servizo, que se atopaba en mal estado. As luminarias convencionais substituíronse por outras de tecnoloxía led.

Reparouse tamén a cuberta e as xanelas e pintouse toda a fachada. Tamén se reparou a pista polideportiva. Doutra banda, completouse o peche vexetal con sebes que achegan variedade cromática e sobre a cuberta da sala de caldeiras colocáronse xardineiras de aceiro cortén.

melloras na biblioteca

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA COMPRA DE MATERIAL PARA A BIBLIOTECA

O Concello de Arbo, recibe unha achega da Fundación Segundo Gil Davila por un importe de 4.141,08 €.- para a compra de ordenadores e mobiliario para a Biblioteca.

Coa achega compromouse tres ordenadores e estanterias para mellorar o servizo da biblioteca.

Becas Segundo Gil Davila

CONVOCATORIA DE BECAS DE ESTUDO

O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, CONVOCA DEZ AXUDAS DE ESTUDOS DE  500,00€ cada unha.

Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no  presente curso 2.018/2.019  e que cumpran os seguintes requisitos: 

a) Estar empadroado no Concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca.

b) Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca. A estes efectos, non poderán ser beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que unicamente lles reste, para a obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecementos dun idioma estranxeiro.

b)  Estar matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial.

c) No caso do Master, só se terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional.

d) Non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

 

A Instancia de solicitude dirixirase ó Sr. Alcalde - Presidente do Concello de Arbo, acompañada da documentación establecida nas  Bases da convocatoria ( a disposición dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina  Web).

 

O prazo de presentación estará aberto dende o día  2  ata o día  30  de Outubro de 2018. 

obras de melloras en O Couto e A Almuiña

 

O Concello de Arbo licita  obras para mellora de Camiños municipais “MELLORA E PAVIMENTACIÓN EN O COUTO E ALMUIÑA”

 

O concello de Arbo,  acaba de licitar as obras de “Mellora e Pavimentación en O Couto e Almuiña”  con  un importe de 50.000 €.- coa financiación da Conselleria de  Presidencia e Conselleria de Presidencia Administracións Publicas e Xustiza 

 

As obras  en O Couto e Almuiña teñen por obxeto definir e dimensionar as obras necesarias para mellorar o estado destas infraestructuras viarias, é consisten no desbroce, limpeza do camino, limpeza da superficie do pavimento existente, reparación de baches, cuneta de formigon, recalce de tapas de rexistro, e reposición da capa de rodadura e posterior marcación do vial.

Obras de mellora no Vial Rial do Pazo - As Laxas

O Concello de Arbo licita  obras para melloras de Camiños municipais

O concello de Arbo,  acaba de licitar as obras dev”Ampliación Vial dende Rial do Pazo As Laxas”  por un importe de 36.056,22€.- financiado  pola Axencia  Galega de Desenvolvemento Rural pertencente a Conselleria de Medio Rural.

As obras de ampliación de vial dende o Rial do Pazo As Laxas consisten na ampliación, mellora do trazado e do drenaxe da vía, a realización de cunetas formigonados , capa de firme e pintado do eixe da estrada

 

 

Obras en Urzal e Civida en Barcela

O CONCELLO DE ARBO SOLICITABA UNHA ACHEGA  CON CARGO O PLAN CONCELLOS 2018-2019 DA DEPUTACION CO DESTINO O FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO PARA A OBRA “AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO EN URZAL E CIVIDA”

 

O concello de Arbo recibe  unha axuda con destino o financiamento da obra ampliación da rede de saneamento en Urzal e Cividade na parroquia de Barcela.

As obras consisten na excavación da zanxa para o alonxamento do colector e dos pozos de rexitro, axustando os seus niveis ao perfil que figura no proxecto, recheo e compactación das zanxas, traslado de peches  e pavimentación do camiño.

Esta obra pretende dar unha solución a situación actual, mediante as actuacións para incorporar melloras no caudal e enganches das edificación asentadas nos camiños dos barrios de Urzal e Cividade.

Asemesmo o camiño polo que se pretende apoiar a rede para a súa implantación non dispon dun ancho adecuado para o transito de vehículos , polo que se procedera o ensanche para conseguir circulación segura. 

Solicitude mobiliario

 

O CONCELLO DE ARBO, SOLICITA A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA MOBLILIARIO PARA ESPAZOS PUBLICOS MUNICIPAIS en  Arbo, Barcela, Sela e Mourentan 

 Arbo  a 24 de setembro de 2018.- Ao abeiro da convocatoria do programa de mellora de espazos públicos durante o exercicio da Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Arbo, solicita mobiliario para diversos espazos publicos.

As actuacións ao abeiro do Programa consistirán exclusivamente na entrega de material, bancos e papeleiras,  realizados na Escola de Cantería, dos módulos formativos de carpintería e cerraxería, entre outros.

Dende o Concello de Arbo, solicitase bancos e papeleiras para os lugares de A Praza de Sela na parroquia de Sela, para a Praza de Barcela no parroquia de Barcela, para o Campo da Feira da Lomba na parroquia de A Lomba e para o Casco Urbano de Arbo.

 

Con esta dotación de mobiliario, tal e como reflexa as Bases, e mellorar a calidade de vida dos cidadáns e cidadás de Arbo e recuperar ambientalmente os espazos públicos degradados, xardíns, parques ou calquera tipo de área de lecer dos concellos para convertelos en zonas de convivencias das veciñas e veciños.

 

Camapaña -separar con Xeito

A CAMPAÑA SEPARAR CON XEITO CHEGA O CONCELLO DE ARBO

O Pasado 12 de setembro, coincidindo co mercado municipal  que organiza o Concello de Arbo todo os mércores na Praza do Concello, tiña lugar unha xornada divulgativa para estimular a concienciación da cidadanía sobre a necesidade de separar os residuos sólidos urbanos e favorecer o reciclaxe.

Esta campaña organizada pola Colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecoembres, e solicitada polo concello de Arbo, xa é a terceira vez que visita Arbo. O Stand de “Separar con Xeito” estivo presente en Arbomostra durante os días da Festa da Lamprea en Abril e na Carballeira de Turberla os dias da Festa da Lamprea Seca que tivo lugar os días 11 e 12 de agosto.

Os responsables do stand derón informacion e pautas os participanters de cómo separar correctamente.

Dende o Concello de Arbo, estamos apostando pola separaciónde residuos e pola reciclaxe, confirma o alcalde do Concello Horacio Gil, que informa que nos últimos anos se teñen colocado máis colectores para a recollida de plastico, carton e vidro, así como un colector de voluminosos que se coloca cada 15 días nun barrio distinto da xeografía arbense, donde os veciños e veciñas poden depositar os residuos de gran tamaño. Dende o Concello de Arbo, tamén queren pedir aos veciños que usen o colectores para o fin que lles corresponde, amarelo (Plástico e envases lixeiros), azul (papel e cartón) e Iglus para vidro, e que non depositen o lado dos colectores municipais ou nas beirraruas   ningun residuo, nos recorda tamén o rexedor  Arbense que o Concello dispon de Punto Limpo sito o lado do Campo de Fúlbol que esta aberto o público os mercores e sábados de 11 a 18.00 horas

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011