Retranqueo Muro en Sela

RETRANQUEO DE MURO PARA AMPLIACIÓN DE VIAL

Con cargo a subvención concedida por Resolución da Deputación de Pontevedra e co financiamento do 100%  o Concello de Arbo procedeu a execución  das obras consistentes no desmonte de parte do actual muro de peche e contención, baleirado do fronte de parcela e reconstrución do muro na súa nova posición, co fin de dar continuidade ao viaria de recente execución que comunica a zona de Eidos de Abaixo coa estrada PO-400, de forma que quede dito vial enlazado co vial existente que atravesa o nucleo de Sela. 

As obras pendentes de rematar, facilitarán os veciños de Sela a entrada dende a PO-400 a Feira.

Reparación Estacións Deputadoras

REPARACIÓN E MELLORA DAS ESTACIÓNS DEPURADORAS DO CONCELLO DE ARBO

Con cargo a subvención concedida pola Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia e Consellerria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e co finaciamento do 100% da referida actuación, o concello de Arbo procederase a reparación e mellora das estacións depuradoras do Concello de Arbo, consistentes en:

- Estación de Sela: Sementado de céspede resistente en toda a parcela e matemento da depuradora.

- Bombeo en Sela: Arranxo e mantemento do bombeo

-Depuradora de Barcela: Colocación dunha zona axardinada na entrada e sementarase céspede en toda a parcela, revisión e mantemento, pintado da estructura das antiguas depuradoras, e montaxe de bomba.

- Depuradora de Eiras: Mellora e acondicionamento do tramo de regato lindeiro coa instalación, pintado das estructuras das antigas depuradoras, colocación de zona axardinada na entrada e sementado de céspede, e montaxe de bomba para mellorar o gasto de mantemento. 

Traida Municipal

TRAÍDA MUNICIPAL DE AUGAS

Esta alcaldía solicita que por parte de tódolos usuarios da traída municipal  se faga un consumo máis responsable da auga, limitando esta EXCLUSIVAMENTE O CONSUMO DOMÉSTICO. Queda PROHIBIDO UTILIZAR A AUGA PARA OUTRO FIN.

Co fin de facilitar as lecturas , os contadores deberán estar colocados en lugar accesible para o persoal municipal, asi como en perfecto estado de conservación e mantemento, ou ben, habilitar os medios para que as referidas lecturas se podan practicar.

 O que se fixa para coñecemento xeral dos veciños deste municipio  E SE FAGA UN USO RESPONSABLE DA AUGA.

Arquivos

EXPOSICIÓN

O Concello de Arbo, acolle unha exposición sobre a Biodiversidade de Galicia

A Sala de Exposicións do Centro de Interpretación del Vino y la Lamprea de Arbo “ARABO”, acollerá este mes a Exposición “Galicia Diversidade”, dende os días 11 ata o 28 de Xullo. Esta iniciativa da Concellería de Turismo e Concellería de Medio Ambiente do Concello de Arbo,  en colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) pretende fomentar a educación ambiental e a Concienciación social para unha mellor conservación do entorno, foi deseñada co fin de dar a coñecer os diferentes ecosistemas, especies e variedades xenéticas que se conservan en Galicia e concienciar os visitantes sobre o valor e a importancia da biodiversidade e favorecer o desenrolo de comportamentos positivos para a conservación das especies e dos seus hábitats.

Os horarios de visita  MARTES   A  DOMINGO, Manana: 12:00h  a 14:00h, Tarde: 17:00h a 21:00h

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011