REMATADA AS OBRAS DE RESTAURACIÓN DO LAVADOIRO DE BARCELA
O Concello de Arbo, platéxabase a “Mellora do lavadoiro de Barcela” para a súa posta en valor, deste elemento tradicional que forma parte dos lavadoiros públicos e que polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor, necesita unha intervención.
Esta obra adxudicada por importe de 12.901,37 € (IVE 21% incluído), foi financiada polo Instituto de Estudos do Territorio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dacordo a Resolución do 3 setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia e polo Concello de Arbo con cargo a fondos propios municipais, levarase a cabo por unha empresa local.
ARBO, CONTRATA AS OBRAS PARA A RESTAURACIÓN DO LAVADOIRO DE BARCELA
O Concello de Arbo, platéxase a “Mellora do lavadoiro de Barcela” para a súa posta en valor, deste elemento tradicional que forma parte dos lavadoiros públicos e que polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor, necesita unha intervención.
Esta obra adxudicada por importe de 12.901,37 € (IVE 21% incluído), será financiada polo Instituto de Estudos do Territorio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dacordo a Resolución do 3 setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia e polo Concello de Arbo con cargo a fondos propios municipais, levarase a cabo por unha empresa local.
O Lavadoiro de Barcela, trátase dun pequeno lavadoiro situado no lugar do Cruceiro na parroquia de Barcela en Arbo. Situado nunha cota inferior dos viais cos que limita e ten o seu acceso. Consta dunha planta cadrada con vaso realizado en ladrillo, pilares e cuberta de placa ladríllea, o lavadoiro é de ladrillo revestido.
AS OBRAS A REALIZAR
As actuacións consisten no debroce e limpeza da parcela na entorna do lavadoiro, reparación e encintado dos muros de pedra, reparación do lavadoiro, revestido do vaso e do resto do lavadoiro, pintado da estrutura existen con cores acordes ao medio, pavimentación do chan do lavadoiro con solado de pedra, deixando canal de recollida e evacuación de auga, colocar peldaños de baixada o lavadoiro, reparación da cuberta e colocar tella cerámico e pilares e revestilos con pedra de tipo país e acondicionamento de toda a contorna.
Co gallo da conmemoracion do 25 N, este ano colocáronse margaridas nos maceteros do centro urbano. Estas flores conteñen palabras en prol da igualdade, e nas que colaboraron o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do colexio Antonio Carpintero de Arbo.
Estas margaridas permanecerán expostas durante todo o mes de novembro de 2021 e realizáronse grazas a axuda concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral de Igualdade) e aos fondos do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade.
Anuncio do Concello de Arbo de Convocatoria para a selección, en réxime de persoal laboral temporal, dunha (1) praza de auxiliar administrativo socio-cultural.
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011