Axudas Leader

Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020 

OBXECTIVO Submedida de apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo CONVOCA Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) PRAZO DE PRESENTACIÓN 1ª convocatoria: ata 31 de marzo de 2017 EN CASO DE NON COMPROMETERSE O TOTAL DA ANUALIDADE ABRIARSE UNHA 2ª convocatoria: ata 31 de maio de 2017 BENEFICIARIOS  As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado  As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores  As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades Non poderán ser beneficiarios as empresas que operen no sector de pesca, da acuicultura e/ou da transformacións e comercialización de produtos pesqueiros

Mais información  en GDR - Condado Paradanta 

Anuncio Web

 

ANUNCIO

Con cargo a subvención concedida pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en data 04/05/2016 (R.E. 539 de data 09/05/2

016), por importe de 4.798,94€,  dentro do Plan Concellos 2016,  Liña 2 .- “Pagamento de Acreedores para gasto corrente”, fixose efectivo o pagamento das seguintes facturas:

 

-           SOGAMA, por importe de 4.798,94 €.

 

Con cargo a subvención concedida pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en data 04/04/2016 (R.E. 420 de data 11/04/2016), por importe de 6.684,44 €,  dentro do Plan Concellos 2016,  Liña 2 .- “Gastos varios servizos municipais”, fixose efectivo o pagamento das seguintes facturas:

Proveedor

Concepto

Importe

Electricidade Condado

Mantenimiento Alumbrado

414,21

Lyreco España

Suministro Material Oficina

366,38

Archeo Atlántica

Traballos arqueolóxicos

822, 80

  Romister, s.l.

Alumbrado Navidad

3.146,00

Servifire – Madinfor Global

Revisión extintores

345,45

Electricidad Condado

Suministro Electrico

653,40

952,80

 

TOTAL

6.684,44

 

Xestion e Recollida de Residuos

RECOLLIDA, TRANSPORTE, XESTIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE ARBO, E DA RECOLLIDA ORDINARIA DOS CONTADORES DE PAPEL/CARTÓN DO CONCELLO

O concello de Arbo, ven de  adxudicar e contratar a prestación dos servizos de “Recollida, transporte, xestión e tratamento de residuos do punto limpo do Concello de Arbo, e da recollida ordinaria dos contadores de papel/cartón do Concello”, mediante procedemento negociado sen publicidade, deste servizo, admitindo entre os criterios de selección o prezo máis baixo e outros criterios obxectivos que garden relación co obxecto deste contrato; establecendo a súa duración nun ano, coa posibilidade da súa prórroga por outro ano máis por mutuo acordo das partes.

En  Resolución nº 208/15 de 22.05.15 resolveu aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas para a adxudicación do contrato de prestación dos referidos servizos, mediante procedemento negociado sen publicidade ao abeiro do disposto no artigo 174 e), en relación co artigo 177 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público; ao mesmo tempo que aproba o  expediente de contratación e autoriza o gasto  correspondente a este ano 2015 con cargo á aplicación orzamentaria 1621.227 prevista no Orzamento prorrogado cara o exercicio 2015, asumindo o compromiso de dotar o crédito  necesario para asumir as obrigas económicas deste contrato no orzamento 2016 e nos orzamentos ao que estende a duración deste contrato, incluídas as posibles prórrogas por mutuo acordo das partes.

 

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011