Iluminación Antonia Tovar

O Concello de Arbo acomete o suministro e montaxe de iluminación na Rua Antonia Tovar.

O Concello de Arbo, seguindo coa sua labor de melloras nas ruas e espazos municipais, e como continuación as obras de humanización da rúa Antonia Tovar, realizadas pola conselleria de Vicepresidencia da Xunta, acabanse de colocar farolas na marxe dereita da rua. A obra denominada “suministro e montaxe de iluminación en Rua Antonia Tovar”, dota a citada rua de farolas con iluminación Led e un diseño vanguardista moderno.
Tal esta sendo a remodelación da citada Rúa, que se acometeron obras de pavimento con Pedra e luces encaixadas na mesma, na baixada que une a rúa co Lavadoiro e fonte de Turbela, tamen acondicionado e renovado nos últimos meses, creando un xardin co que se lle pretende dar a Antonia Tovar un toque distinguido de elegancia por ser a vía que conezta coa Plaza do Concello.
Dende o Concello facemos um chamamento a todos os veciños e visitantes a que respeten as normas de circulación e aparquen nas zonaa habilitadas o efecto ,para unha maior seguridade dos peatons
Seguimos facendo de Arbo, un atractivo referente turístico Nacional.
 

Nova ordenanza de Auga

 

ENTRADA EN VIGOR NOVA ORDENANZA DA AUGA POTABLE

O 1 de xaneiro entrou en vigor a nova ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo municipal de abastecemento de auga potable, que pretende adaptarse ás necesidades dos usuarios, racionalizado o custe da súa factura a través dunha facturación por consumo real, incentivando o aforro dun ben tan preciado e escaso como é a auga potable.

Esta nova regulamentación, que modifica a ordenanza do ano 2012, ten como obxecto establecer un sistema recadatorio máis xusto e equitativo, fixando unha cota de mantemento do servizo e regulando as tarifas dos diferentes tramos de consumo á baixa.

Esta novidade tamén permitirá aos usuarios aboar o Canon da Auga da Xunta de Galicia axustado ao consumo real, ao desaparecer as estimacións á alza da anterior regulación.

Para que esta forma de liquidar a taxa sexa máis fiel aos hábitos de utilización, realizaranse medicións cuadrimestrais, que mitigarán as derivas por estacionalidade e detectarán con maior premura as posibles anomalías no servizo.

Outro dos obxectivos principais desta nova ordenanza é a de bonificar a determinados colectivos, alixeirando a carga fiscal das economías máis sensibles, como os perceptores de RISGA ou as familias numerosas.

Esta nova redacción, con fin de emendar unha serie de incongruencias detectados na facturación, inclúe un mecanismo que pondera o exceso de consumo cando fora motivado por unha avaría imprevisible polo usuario, que non afectará ao importe da liquidación cando se demostre a accidentalidade desta.

Plan de Limpeza

O CONCELLO DE ARBO, ACOMETE UN AMBICIOSO PLAN DE LIMPEZA E DESBROCE POR TODO O MUNICIPIO.

Arbo, a 13 de xullo de 2017.-  O concello de Arbo, acomete un plan de limpeza e desbroce utilizando os medios materiais e persoais que posue o Concello e reforzando o mesmo tempo,  servizo coa contratación dunha empresa externa especializada en eliminación de maleza en todo tipo de zonas.

A Empresa contratada para levar a cabo a limpeza, desprazou dous tractores con mecanismos máis completos e complexos que están nas areas forestais e de máis difícil de acceder. As condicions meteoroloxicas das últimas semanas, foi propenso para que a vexetación crecese con moita rapidez, o que tampouco permitía os servizos de limpeza, dar cobertura a todas as parroquias  do Concello.

Esta necesidade de acometer este ansioso  Plan de limpeza en todalas parroquias municipais, nace tendo en conta que estamos en temporada de alto risco de incendio e como exemplo e con intención de sensibilizar a poboación para que teña as súas parcelas completamente limpas porque poden  producir perigo de incendio e causar danos a persoas e bens, o que podería dar lugar a esixencia de responsabilidades o propietario desa finca.

Outro do interese deste  concello e a promoción Turística da Vila de Arbo. Arbo e pura natureza, e paisaxe, e turismo rural, é deporte de aventuras é gastronomía, é patrimonio cultural, relixioso, etnográfico…. E  para o Horacio Gil, alcalde de Arbo e responsable da Area de Turismo, o seu principal obxetivo e acadar o recoñecemento por parte dos visitantes e turistas como Arbo un referente turístico nacional.

El Alcalde Cofrade de La Cigala

El pasado día 22 de julio, en la XXIII edición de la Cigala, cita gastronomica celebrada en Marín, el alcalde de Arbo Horacio Gil, tras recibir el nombramiento de Cofrade de la Orden Gastronomica de la Cigala, con sus correspondiente diploma e la imposición de la Capa Azul, agradecio a todos los miembros de la Orden, así como a los marinenses, el haberse concedido este reconocimiento, que espera sirva "para seguir uniendo todavía  más a los concellos de Arbo y Marín

 

Recoñecemento turistico Arabo

O  CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO VIÑO E DA LAMPREA DE ARBO “ARABO”, RECIBE  O RECOÑECEMENTO  DE “COMPROMISO DE CALIDADE TURISTICA”.

Arbo, a 13 de xuño de 2017 .- No marco do Sistema Integral de Calidade turística en Destinos (SICTED), a Secretaria de Estado de Turismo outorga  o Centro de Interpretación do Viño  e da Lamprea de Arbo “Arabo” o diploma de recoñecemento ao compromiso para a mellora da continuidade da calidade.

O SICTED e un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaria de Estado de Turismo, co apoio da FEMP, que traballa coa empresa/servizos turísticos co obxectivo de mellorar a experiencia e satisfacción do turista.

O distintivo que foi recollido polo Alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, acredita e recoñece o esforzo realizado polo Concello,  así como o cumprimento dos requisitos  establecidos e o compromiso de calidade e mellora continua o que está sometido o Arabo.

O Compromiso de Calidade Turística, e un recoñecemento, según informa o alcalde de Arbo,  que trata de recoñecer, no caso de Arbo, a participación e compromiso do Concello Arbense cos seus produtos estrelas que son o Viño e a Lamprea, e que pretende conseguir que a Vila de Arbo, Capital da Lamprea e Corazón dos Viños Condado e Albariño,  sexa considerado como referente turístico nacional e poida considerarse un destino de calidade, competitivo e a altura dos principais destinos turísticos de Galicia

 

 

Obras de Parada de Autobus en PO-400

Cores Tourís comproba as obras de execución da parada de autobús ná estrada PO-400 en Arbo

Arbo a 11 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do alcalde de Arbo, Horacio Gil, visitou esta mañá o avance das obras de execución dunha parada de autobús que dotará de maior seguridade viaria á estrada PO-400 a altura de Rial do Pazo – Arbo, no punto quilométrico 18,600 da PO-400, na súa marxe esquerda.

As obras que estan sendo executadas pola Conselleria de Infraestructuras e viventa, pretenden mellorar a circulación neste punto e gañar en seguridade. As obras, que estarán rematadas nas próximas semanas,  habilitarase unha parada de bus en paralelo á calzada, de xeito que os autobuses non interferiran ao parar nese punto e se mellorara a seguridade viaria. Para a súa execución foi necesario demoler a beirarrúa existente que foi ademais retranqueada, como tamén o foi a liña de alumeado e a canalización de augas pluviais residuais.


A maiores, o concello de Arbo ofreceu unha parcela colindante de propiedade pública para o seu acondicionamento e pavimentación, de cara a habilitar sete prazas de aparcamento, mantendo, ademais, o paso de acceso ás fincas xa existentes.

Esta nova parada completa a actuación de humanización da PO-400 que en 2010 foi obxecto de construción de beirarrúas con pavimento de baldosa ao longo de 310 metros lineais e cun orzamento de 60.000 euros. Ademais, en 2014, leváronse tamén a cabo traballos de mellora entre os quilómetros 12 e 24 da PO-400 ao seu paso por Arbo, e que consistiron no fresado e reposición da calzada con mestura bituminosa en quente, reposición da sinalización horizontal e xestión de residuos e limpeza de obras. Estes traballos completáronse con melloras no pavimento desta mesma estrada nos concellos de As Neves e Crecente, cun investimento de 225.000 euros. 

Convenio para reparación da Ponte de Mourentan

A Consellería de Cultura e o Concello de Arbo colaboran na reparación e consolidación da Ponte de Mourentán

Arbo a 4 de maio de 2017.- O pasado 28 de abril de 2017 o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria don Román Rodríguez González e o Alcalde do Concello de Arbo, Don Horacio Gil, asinan un convenio de colaboración para a recuperación e consolidación da Ponte de Mourentan,  que ten consideración de ben catalogados e incluida no Inventario de Pontes Históricas de Galicia.

O investimento nesta actuación ascederá a 107.00 euros que será asumido pola Conselleria, e das obras se encargara a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia.  O  convenio asinado e  para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para levar a cabo as obras. Esta intervención está incluída no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia da Dirección Xeral do Patrimonio cultural.

O obxecto da actuación prevista é, por tanto, acometer as obras necesarias para evitar que continúe deteriorándose este ben e, deste xeito, impedir que se produza unha perda irrecuperable para o patrimonio cultural galego.

Esta ponte foi construída entre os séculos XIV e XV sobre o río Deva para facilitar o cruce ao antigo camiño dende Ribadavia a Tui que xa figuraba en documentos medievais. A día de hoxe a ponte presenta danos localizados fundamentalmente no estribo dereito e nos peitorís. No resto é necesario rozar e limpar a intensa vexetación que cubre os muros do estribo esquerdo e cortar e estabilizar algunhas árbores que medran neles e que, á larga, poden causar danos na fábrica.

 

Clausura obradoiro de Emprego

Arbo.- 27 de marzo de 2017 - O pasado venres 24 de marzo na Casa Consistorial de A Cañiza, tivo  lugar a clausura do Obradoiro de Emprego 'II Paradanta'

O acto o que acudió o Delegado de la Xunta Jose Manuel Cores Touris, o alcalde de Arbo Horacio Gil Exposito, asi como o alcalde de A Cañiza, Crecente e Covelo.

O obradoiro de emprego que comezou no mes de setembro de 2016, preparou os vinte alumnos participantes, para a  formación en fábricas de albanelería e actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, que permitiron acometer importantes proxectos na nosa vila, como a reparación e reacondicionamento dos lavadoiros  da Estación, das Regadas e de Vilaverde; a plantación, poda e limpeza dos parques de San Antonio e Rial do Pazo, o xardín do Lavadoiro de Turbela ou o acodicionamento da rotonda de San Benito.

O Delegado da Xunta así como os alcalde da Paradanta, mostraron a súa satisfación e felicitaron os alumnos polo traballo realizado en estes meses, coincidindo todos que este tipo de acción, axudan as persoas desempregadas a que logren reinsertarse laboralmente.

Area de comunicación 

 

 

 

 

 

Visita da Subdelegada

La subdelegada del Gobierno visita Arbo 

 

La subdelegada del Gobierno en Pontevedra, Ana Ortiz, realizó su primera visita institucional al Concello de Arbo este martes. Allí fue recibida por el alcalde, Horacio Gil, y ambos mantuvieron un encuentro en el que el regidor informó a la subdelegada sobre la situación del municipio en diversas materias relacionadas con el Gobierno central. 

 

La Escuela de Turismo Itinerante del CSHG formo a los hosteleros de la ruta de la Lamprea del Concello de Arbo.

Arbo a 8 de marzo .- O Concello de Arbo e Turismo de Galicia , a través da Escola de Turismo Itinerante,  desenvolveu tres cursos de formación dirixidos aos hostaleiros da ruta da lamprea, os días 21 de febreiro, 6 e 7 de marzo co obxectivo de mellorar o servizo e facer unha xestión eficiente dos negocios.

Os establecementos hostaleiros que traballan na ruta da lamprea do río Miño poideron  mellorar o seu servizo e a súa xestión grazas á Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), dependente da Axencia de Turismo de Galicia que impartiu tres cursos nas próximas semanas para estos profesionais.

Os cursos impartidos por profesores do Centro Superior de Hosteleria de Galicia, trasladaronse ata o Concello de Arbo para mostar os restauradores do Concello de Arbo, A Vila da Lamprea por excelencia, Como mellorar o posicionamento en internet, a reputación on-line e ferramentas para ser máis visibles na rede a alidade e técnicas na atención ao cliente. Tipoloxías de cliente. Tratamento de queixas e reclamacións. Información e coñecemento da ruta da lamprea. E as ferramentas de xestión de alimentos e bebidas do restaurante (ficha técnica, escandallos e receitas). Ferramentas para a análise (contas de explotación, instrumentos básicos de análise e xestión de custos).

A  formación  é un pilar fundamental para o desarrollo do sector turístico de Arbo, foi unha inicitiva moi ben acollida por todolos sectores de hostelería e turismo desta zona, tendo unha ampla participación dos restaurantes e casas de turismo rural do municipio, que avaliaron de forma moi positiva e beneficiosa este tipo de cursos para mellorar o seus servizos.

A Clausura do Curso asistiu a Directora da Escola de Turismo de Galicia, dona Marta Fernandez

A Ruta da lamprea  que da a coñecer o importante patrimonio que rodea a este peixe e a súa captura. Este novo elemento dinamizador do turismo na zona vai unido ao viño e á gastronomía, polo que é fundamental que os establecementos hostaleiros de  un bo servizo.

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011