COMPRA DE TRACTOR

 

ENTREGA DE TRACTOR

O pasado venres 30 de  setembro, o alcalde Horacio Gil Exposito acompañado  de persoal municipal, recibe o novo tractor destinado os servizos  varios do concello.

O citado tractor adquiriuse, previa concesión da subvención pola Deputación Provincial de Pontevedra, ante as necesidades que ten este concello de Arbo, nas tarefas de limpeza e mantenemento de lugares públicos do municipio, e a vista que o tractor que ten este concello  non está en condicións nas tarefas de desbroce, arrastre de cisterna, e outros servizos para os que se necesita o vehículo mencionado.

A achega ascende o 100% do importe do tractor

                                                                                                                                           

Convenio para Urbanización R/ Antonia Tovar

 

URBANIZACIÓN RUA ANTONIA TOVAR FASE I

O pasado  9 de setembro de 2016 o Concello de Arbo, asina un convenio de colaboración entre a vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administración públicas e Xustiza e o Concello de Arbo, para a execución do proxecto denominado  “Urbanización da rúa Antonia Tovar”  (Primera Fase).

A xunta de Galicia a través da Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cooperará na realización da actuación mediante a achega máxima de 201.239,90 €.-, que representa  o 100% do orzamento total do proxecto que constitue o obxeto deste convenio.

Urbanización da Rúa Antonia Tovar: orzamento base de licitación 201.239,90 €.-: Importe subvención solicitado 201.239,90 €.-

Trátase dunha actuación urxente e necesaria para restablecer esta vía municipal e principal de acceso ao centro urbano do Concello de Arbo, onde se atopan a maior parte dos edificios administrativos e dependencias municipais, así como o núcleo do comercio urbano da localidade

O tramo afectado é o que se atopa entre os P.Q 0+000 e o 0+280 da rúa Antonia Tovar, sita no centro urbano do Concello de Arbo, que tras os temporais do mes de febrero de 2016 presenta graves deficiencias na pavimentación das beirarrúas, sinalización e redes de servizos.

O estado  actual do tramo da Rúa Antonia Tovar atopase nun mal estado xeral  presentando problemas de conservación do aglomerado na capa de rodaduras e nas losetas hidráulicas das aceras. Igualmente  o tramo obxeto do proxecto presenta unha sinalización  inexistente ou deficiente.

A todo isto  hai que engadir a antigüidade das instalacións que para evitar custosas demolicións e reposición no futuro se opta por unha sustitución completa das mesmas, mellorando a capacidade para previr inundacións.

 

Por axuste do orzamento o proxecto farase en dúas fases, a primeira correspondente a renovación da beirarúa dereita coas instalacións, a reposición da capa de rodadura e a sinalización.

-       Fase 1º: Ano 2016: 201.239,90 €.- :  Financiamento 100 % da Xunta de Galicia

.

 

Reunión dos Alcalde coa Conselleira de Medio Rural

MEDIO RURAL ANUNCIA AXUDAS PARA OS MUNICIPIOS MAÍS AFECTADOS POLOS INCENDIOS.

 A Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuiniuse cos alcades dos concellos máis afectados polos grandes incendios forestais acaecidos na provincia de Pontevedra no mes de Agosto, entre os que estaban os alcaldes de   Arbo, Caldas de Reis, Cotobade, Crecente, Mondariz, As Neves, Pontevedra, Redondela, Soutomaior e Vilagarcia de Arousa, para planificar as actuacións urxentes a levar a cabo nas zonas queimadas.

A Conselleira Angeles Vazquez asegurou que a colaboración entre os concellos, bombeiros, protección Civil  e personal da conselleria evitou que ocurrise un desastre maior ante a recenté ola de incencios.

No caso do Concello de Arbo,  na extinción participaron un total de 18 brigadas, oito vehículos motobombas, tres palas, catro hidroavions, sete axentes forestais , efectivos da Gara Civil. Ademais destacou a intervención dos Bombeiros Voluntarios de MelgaÇo, os Bombeiros de Ponteareas e a Unidade Militar de Emerxencias.

Sobre as actuacións de recuperación  a conselleria informou  que se vai abrir unha línea e axudas para restituir os anos, tantos sufridos por persoas e bens como polos montes afectados 

Visita do Xefe Territorial da Conselleria de Presidencia

ARBO MELLORA UNHA DEPURADORA E REPARA A CUBERTA DO EDIFICIO CONSISTORIAL A TRAVÉS DOS FONDOS DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL E INFRAESTRUTURAS DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA

  O xefe territorial deste departamento en Pontevedra, Ramón Pereiro, fixo unha comprobación material das obras que se están a realizar invitado polo alcalde do municipio, Horacio Gil 

O xefe territorial de Presidencia en Pontevedra, Ramón Pereiro, realizou unha visita técnica esta mañá ao concello de Arbo, invitado polo alcalde do municipio, Horacio Gil, co obxectivo de facer unha comprobación material das obras que se están a realizar a través da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental e da orde de subvención para Infraestruturas de Uso Público.

No caso das obras executadas a través da Orde de Infraestruturas de Uso Público, Arbo está a levar a cabo, segundo apuntou Horacio Gil, a reparación da cuberta da casa consistorial. “A aparición de humidades en distintos puntos e dependencias do edificio comezou a afectar a mobiliario e a enseres municipais, ademais de as paredes do inmoble. Esta foi a razón pola que decidimos intervir para frear este problema”, explicou o rexedor, quen engadiu que se detectaron fallos de funcionamento na rede de evacuación de augas da cuberta do edificio a través do canlón polo que se está a levar a cabo a súa substitución, así como o saneamento de todos os danos ocasionados pola entrada de auga”.

O alcance da intervención abarca a totalidade da rede de evacuación das augas pluviais da cuberta, cambiando o deseño da mesma para que sexa máis eficaz.

O proxecto conta cun investimento de 50.000 euros, dos cales 40.000 procederon da subvención da Xunta, que é o 80% do orzamento total, aportando o concello o 20% restante máis o IVE.

A nivel provincial, a orde de subvencións da Vicepresidencia, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais destinadas a concellos galegos en 2016, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, conta cunha axuda global de 1,7 millóns de euros.

Este programa, ao igual que a Xunta de Galicia, ten entre as súas prioridades “a mellora da calidade de vida nas zonas rurais” e por iso o Goberno galego decidiu apoiar economicamente a aquelas actuacións cuxo obxectivo sexa mellorar as infraestruturas e equipamentos de uso público e, por tanto, dos servizos municipais que os concellos prestan aos seus veciños e veciñas.

As actuacións subvencionables baixo esta orde son proxectos de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de espazos públicos -prazas, paseos, rúas, parques públicos e parques infantís-; edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos administrativos; e instalacións deportivas de uso público; así como as súas respectivas dotacións de equipamentos. Ademais, tamén eran subvencionables as instalacións, ampliacións e melloras das redes de alumeado público e a pavimentación de vías municipais que non estean incluídas no programa de mellora de camiños do concello beneficiario.

Posta en marcha da depuradora de Fonte María

Ademais, este concello tamén está a levar a cabo obras de saneamento, grazas á liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental desta mesma Consellería. En concreto, estase a traballar para a posta en funcionamento da depuradora de Fonte María, levando a cabo rozas e limpezas no perímetro exterior e no interior desta infraestrutura, así como  a retirada dos elementos deteriorados e obsoletos.

“Estamos a retirar os residuos a través dun xestor autorizado, de cara a extraer os lodos do seu interior. Posteriormente repararanse os depósitos, realizando un saneamento das fisuras das paredes para garantir a non existencia de fugas e cambiaranse as tubaxes que realizan a inxección de aire no fondo do depósito principal por unhas de inox”, explicou Horacio Gil. A subvención recibida foi de algo máis de 35.000 euros.

 

Arbo tamén contou cunha axuda de 15.453 euros procedente da liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental que permitiu afrontar gastos de recollida de residuos sólidos urbanos.

 

En relación a esta liña de axudas en réxime de concorrencia competitiva e non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destínase máis de 1,1 millóns de euros aos municipios pontevedreses. Estas subvencións destínanse a desenvolver proxectos relacionados coa recuperación mediambiental do territorio galego; en ámbitos tan importantes como a mellora do saneamento e depuración de augas residuais, abastecemento dos subministros de auga potable, eficiencia enerxética, recuperación de espazos naturais ou dotación de medios materiais e humanos para a conservación ambiental, entre outras moitas actuacións. 

Os concellos que contan con liña non competitiva na provincia son Agolada, Arbo, Caldas de Reis, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, As Neves, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa.

Deste xeito, a orde inclúe dúas liñas de axudas diferenciadas. A liña en concorrencia non competitiva está destinada a aqueles concellos que albergan no seu territorio instalacións de aproveitamento eólico cun total de 832.700 euros de subvención. Pola súa banda, á liña competitiva puideron optar a totalidade das entidades locais galegas que contan con proxectos medioambientais axustados á convocatoria. Nesta liña, os concellos da provincia de Pontevedra recibiron 305.000 de euros.

O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que o Goberno da Xunta puxo en marcha en 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Ademais, este Fondo reflicte un triplo compromiso da Xunta: co medio ambiente -está dirixido a actuacións ambientais-, coas facendas locais, xa que representa un importante ingreso para as arcas municipais; e por último co reequilibrio territorial, xa que a maioría dos concellos beneficiados atópanse en zonas rurais do interior de Galicia.  

 

 

 

Convenio coa Axencia de Turismo de Galicia

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA E O CONCELLO DE ARBO PARA MELLORAR O ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO FLUVIAL DAS  PESQUEIRAS

O día 4 de agosto, a directora da Axencita de Turismo de Galicia, dona Mª Nava Castro Dominguez  e o Alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil Exposito, asinana un convenio de colaboración para levar a cabo acción de potenciación de recursos turísticos , polo que, entre as súas prioridades, está a de contribuir a realización de actuación que impliquen a consecución deste obxetivo.

O obxeto do convenio e establecer as bases de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello e Arbo para realizar actuacións complementarias ás xa realizadas para acondicionar e mellorar notablemente o entorno do mirador da PEsqueira “Raña de Muiños”, cos seguintes obxetivos:

-          Limpeza

-          Retirada de materiais non acordes

-          Recuperación total da PEsqueira con aportación de materiais de similares características ao existente (pedra).

A  Axencia de Turismo de Galicia comprométese a colaborar no financiamento do custo das actuacións por importe de 45.156,70 €.- 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011