P.A.I : Punto de Atencion a Infancia

É un servizo dirixido a cativos dende os tres meses ata os tres anos, ubicado en A Coruxa, no barrio de Barcela, con horario de 08:00 a 16:00 horas de luns a venres.

Ten por obxecto responder ás necesidades sociais e educativas do neno/a e da súa familia mediante a atención diaria no seo dun grupo de iguais cunha proposta de actividades adecuadas a cada idade.

Nestes momentos o número de prazas está cuberto debido ao aumento de usuarios. Isto é resultado dunha mellora na calidade dos servizos, con novos materiais e mobiliario, e formación das educadoras.

Emerxencia Social

Enténdese por axudas de Emerxencia Social ao conxunto de prestacións económicas ou en especie destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos, situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia ou reforzar procesos de integración familiar e inclusión social co fin de previr situacións de exclusión social.

A finalidade destas axudas é darlles resposta inmediata a situacións puntuais de necesidade, derivadas de gastos específicos de carácter básico como por exemplo: alimentación, vestiario, vivenda, uso básico da vivenda e equipamento desta, medicinas, tratamentos, aloxamento alternativo, desprazamentos de urxencia, actuacións extraordinarias no domicilio cando exista risco sanitario, enterramentos,etc... .

Para solicitala presentarase unha Instancia no Rexistro Municipal dirixida ao Alcalde

SAF: Servizo de Axuda no Fogar

v    SAF: SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR

É un servizo de axuda a persoas que precisan de colaboración para realizar distintas actividades da vida cotiá.

Calquera persoa ou unidade de convivencia pódese beneficiar del, sempre e cando se xustifique a súa necesidade, a partir dunha valoración técnica correspondente.

 De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

Este servizo ten dúas funcións ben diferenciadas: a realización de tarefas domésticas e o coidado e atención de persoas dependentes, co beneficio de poder permanecer nos seus fogares mentres as condicións o permitan.

Para ter acceso a este servizo é necesario  a presentación dunha solicitude (Anexo I), dirixida ao Alcalde, no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación:

I.    Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o ca

II.    Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.

III.    Certificado de convivencia.

IV.    Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.

V.    Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao de dependencia, de ser o cas

VI.    Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:

           

1.  Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.

2.  Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan

3.  Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.

4.  Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.

O número de usuarios aumenta cada ano e neste momento son atendidas 40 persoas.

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011