Apoia o pequeno Comercio

APOIA O PEQUEÑO COMERCIO DA LOCALIDADE COA CAMPAÑA “COMPRAR EN ARBO TEN PREMIO”

Un ano máis o Concello de Arbo,  coa colaboración da Agrupación de comerciantes, hostaleiros e empresarios de Arbo, promove  o pequeno comercio a través da Campaña de Nadal  “Comprar en Arbo ten premio”.

Durante o mes de decembro, os comerciantes, hostaleiros e empresarios de Arbo, obsequiaran aos seus compradores cun boletos para o sorteo de diversos vales para descontar nos comercios, bares, restaurantes e empresas de Arbo, que participan nesta Campaña. Os premios consisten en 1 primeiro premio de 350 €.-, segundo de 250 €.-, terceiro de 150€.-  e 25 premios de 75 €.- . o sorteo terá lugar o 14 de xaneiro de 2018 ás 18.00h no salón de plenos do Concello de Arbo. 

campamento de nadal

ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CAMPAMENTO DE NADAL do Concello de Arbo

Arbo a 21 de novembro de 2017.- Un a no máis o Concello de Arbo organiza un campamento lúdico-pedagoxica para os máis cativos.

O concello de Arbo, abre o prazo de inscrición para o participar no campamento de nadal 2017-2018, que se presenta co nome de “Desexos dun Nadal Máxico”.

Un espazo onde se porán en marcha un conxunto de iniciativas encamiñadas a favorecer o desenvolvemento persoal e social d@s menores, asi como proporcionará a@s nenos e nenas durante o período vacacional de Nadal a oportunidade de gozar do seu tempo libre e ocio autotélico, con actividades lúdico-educativas que fomenten o desenvolvemento de hábitos de diversión creativa.

As incricións, están abertas  dende o 27 de novembro ata o  15 de decembro, poderán facerse no Concello de Arbo, en horario de 9 a 15.00 horas e vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Máximo 25 nenos. Máis información chamando ó 986.6650.00 ou na paxina web www.concellodearbo.es

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011