Concurso Corais

O CERTAME DE CORAIS “VILA DE ARBO” REPARTIRÁ 2000EN PREMIOS

Xa esta aberto o prazo de inscrición para participar neste concurso de canto

O  Concello de Arbo organiza o "VII Certame de corais Vila de Arbo" que terá lugar o 2 de xuño, ás 18.00 horas, no Auditorio Segundo Gil Davila da localidade.

Nel poderán participar todas as agrupacións corais que sexan de Galicia e que non sexan profesionais nin pertenzan a ningunha escola profesional ou  semiprofesional de música, sen ningún tipo de acompañamento musical (soamente a  capela).

No certame participarán un máximo de sete agrupacións corais. O prazo de inscrición finalizará o 15 de marzo ás 15.00 horas. Para inscribirse as agrupacións interesadas enviarán a instancia en modelo que figuran nas bases do concurso solicitando a súa inclusión no certame e un curriculum  vitae que inclúa a súa actividade polo menos dos últimos tres anos, unha declaración xurada conforme non pertencen a ningunha escola ou convervatorio profesional de música e unha gravación propia realizada nos últimos dous anos que inclúa polo menos tres pezas do seu repertorio. As corais participantes serán seleccionadas polo Comité de Organización do VII Certame Galego de  Corais Vila de Arbo.

Cada coral interpretará unha obra de presentación fóra de concurso. Tamén deberán interpretar unha obra obrigada. E, por último, deberán tamén interpretar unha obra de libre elección en calquera idioma.

A coral gañadora do certame recibirá 900 euros, a segunda clasificada obterá 400 euros, a que ocupe o terceiro posto levará 200 euros e, ademais, entregarase o premio  FEGOCA, de 500 euros, á mellor interpretación da obra obrigatoria do certame. Todas, incluídas as non premiadas, recibirán ademais diplomas acreditativos.

Más información no teléfono 986 66 50 00 Persona de contacto Pablo Rodríguez Castro. (comunicacionyprensa.arbo@gmail.com).


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011